Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

luns, 15 de xaneiro de 2024

SESIÓNS DE CURTAS DE CINEMA DIVERSO

Norte Cinema Diverso, o certame de cinema LGTBI+ da nosa cidade celebrará a segunda sesión de festival, do 29 de Febreiro e o 1 e 2 de Marzo no Teatro Colón.

Este ano, unha das novidades que teñen é a celebración do NCD Educa, durante os meses de Xaneiro e Febreiro.

A idea é achegar o festival aos centros educativos. A proposta que realizan, é a de proxectar dúas ou tres curtas, cunha duración de entre 30 a 40 minutos en total. Estes serán sobre o Bullying, menores LGTBI, familias LGTBI, novas realidades…

Despois da proxección abrirase unha charla debate onde acudirán dous representantes da Asociación Palestra LGTBI+, organizadora de NCD e un membro dunha das asociacións LGTBI+ da Coruña.

A datas nas que acudirán ao noso centro serán o xoves 25 de xaneiro. A primeira sesión para 4º ESO C e D terá lugar no salón de actos entre as 10.30 e as 11.20 e a segunda para 4º ESO A e B entre as 12.30 e as 13:20.

Ningún comentario:

Publicar un comentario