Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
Amosando publicacións coa etiqueta visita b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta visita b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 3 de abril de 2019
Visita de CARLOS NEGRO
Deixamos aquí unha pequena mostra do que foi a emocionante visita do poeta Carlos Negro ao noso instituto o pasado 27 de marzo.
mércores, 14 de febreiro de 2018
LEDICIA COSTAS no IES Monte das Moas
O vindeiro xoves 22 de febreiro teremos a gran honra de recibir a LEDICIA COSTAS a escritora de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta que están a traballar no club de lectura de 2º de ESO.
Agardamos tamén a presenza de alumnado dos clubs de lectura do IES Rafael Dieste, do IES Menéndez Pidal, do IES Monelos e do IES Agra do Orzán.
Agardamos tamén a presenza de alumnado dos clubs de lectura do IES Rafael Dieste, do IES Menéndez Pidal, do IES Monelos e do IES Agra do Orzán.
Deixámosvos tamén a información elaborada polo club de lectura sobre esta interesantísima obra, pósters que estarán expostos xunto cunha pequena mostra das súas obras na entrada do instituto .
luns, 20 de xuño de 2016
Feira de Libros de 2ª man: Entrega dos cartos conseguidos
Como recordades, no mes de abril, entre outras actividades para celebrar o mes do libro, puxemos en marcha unha exitosa campaña de venda de libros de 2ª man en beneficio dunha ONG local.
Pois ben. Hoxe tivemos oportunidade de entregarlle os cartos recadados a Ana ex alumna do noso centro, médico e colaboradora da ONG Ecodesarrollo Gaia que realiza un excelente labor no eido da inmigración na nosa cidade.
![]() ![]() |
| Dous momentos da entrega dos cartos por parte de alumnas de 1º E ESO |
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo ilustrativo do labor que realizan na nosa cidade e en Senegal.
mércores, 24 de febreiro de 2016
Visita de Andrea Maceiras. O vídeo
Presentamos aquí unha pequena recompilación de fotos e anacos da interesantísima charla que a escritora Andrea Maceiras ofreceu no noso centro e á que nos acompañaron alumnado do IES Monelos e do IES Rafael Dieste o pasado martes 16.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

