Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

venres, 30 de maio de 2025

ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO POLA CIDADE VELLA DA CORUÑA

O alumnado de 2º ESO que cursa Portugués ou Relixión asistiron esta mañá a un roteiro literario e cultural pola Cidade Vella coruñesa. Foi o propio alumnado, ben en portugués, ben en galego os que explicaron aos compañeiros a información interesante en cada unha das paradas do paseo.

ROTEIRO CIDADE VELHA de Remoe a lingua

xoves, 29 de maio de 2025

ENTREGA DE PREMIOS AOS MELLORES VIDEOPOEMAS

No segundo recreo na biblioteca tivo lugar a entrega de premios ao alumnado de 3º, 4º da ESO e 1º de Bacharelato que gañou co mellor videopoema do concurso das Letras convocado.

Aquí tedes as fotografías das persoas gañadoras. Parabéns a todas!!

Manuel Maceiras Ferreira, gañador de 1º  de BACH

Lucía Pérez Roca, gañadora de 4º da ESO

Manuela Díaz Real e Carlos Obregón Ben, gañadores de 3º da ESO
e Daniela Naya Torreiro, gañadora de 1º de BACH




CANTADA E CONTADA CON TERESA DOS CUCOS E ALBERTE DÍAZ KIRK

No día de hoxe no salón de actos o alumnado de 1º de Bacharelato, de 3º PDC e de 4º de Dixitalización puideron desfrutar da presenza da cantareira malpicá Teresa dos Cucos que nos contou e cantou coplas da súa terra e ademais estivo moi ben acompañada por Alberte Díaz Kirk e outras bailadoras e pandereteiras da nosa escola e de Donaire, como Selene, Marta e Noa Vila.















mércores, 28 de maio de 2025

VIDEOPOEMAS GAÑADORES

 No Concurso de Videopoemas organizado polo EDLG para o Mes das Letras resultaron gañadores os seguintes:


3º ESO:

Manuela Díaz Real (3º ESO C)


Carlos Obregón Ben (3º ESO B)


4º ESO

Sabela Pérez Fernández (4º ESO A)


Lucía Pérez Roca (4º ESO A)



1º Bacharelato

Manuel Maceiras Ferreira (1º Bach A )


Daniela Naya Torreiro (1º Bach B)



luns, 26 de maio de 2025

CHARLA CON TERESA DOS CUCOS E XABIER GÓMEZ ROMERO

 




Gañadores do concurso de microrrelatos

 Velaquí tedes os gañadores do Concurso de Microrrelatos deste curso 2024-25, adicado ó teatro. Houbo moita participación e moita calidade literaria, así que, por empate, decidimos dar dous premios nas dúas primeiras categorías. Os premiados están expostos no taboleiro da entrada.






FOLIADA DAS LETRAS

Hoxe 26 de maio pola tarde festexamos as Letras Galegas cunha foliada. Canto nos prestou!!! Grazas Nati, Alberte, Xoel e Alberto por nos virdes acompañar. Viva o canto e o baile tradicional!!!!!





















 

xoves, 15 de maio de 2025

CANTAREIRAS TRADICIONAIS NAS LETRAS GALEGAS 2025

Co motivo da celebración das Letras Galegas 2025 dedicadas este ano á figura das cantareiras tradicionais, personificadas en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). 

É unha representación colectiva, como xa se fixo na elección dos trobadores da ría de Vigo en 1998, cos que se rendeu homenaxe á poesía medieval. Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre. Nesta publicación da RAG podedes ver información sobre esta celebración.

Xa temos no noso vestíbulo expostas as láminas editadas pola SXPL para conmemorar o labor e a arte destas mulleres que mantiveron viva a tradición oral galega ao longo de xeracións e xeracións.

Xunta elas podedes ver unha selección de material bibliográfico da nosa biblioteca que trata temas relacionados con este ámbito.








martes, 13 de maio de 2025

CON PAULA CARBALLEIRA NA BILIOTECA DO CASTRILLÓN

O día 13 tivemos un encontro na biblioteca do Castrillón con Paula Carballeira, un grupo de usuarias do Centro de  Día, o club de lectura Obxectivo Bibliotk, un grupo de alumnas do IES de Monelos e un grupo de alumnos de Moas.

Foi un encontro fantástico. Parte do alumnado de Oratoria prepara uns textos da obra de teatro Alicia & Alicia de Paula Carballeira. As alumnas de Monelos cantaron uns cantigas tradicionais e rematamos cantando todas o Pasodobre de Laxoso. 

Deixo aquí un pequeno resumo do ben que o pasamos. Viva a oralidade!!!!!

martes, 6 de maio de 2025

2ª JORNADA DE INTERCÂMBIO COM ALUNADO BRASILEIRO

A turma de 4º ESO de Português realizou esta manhã a segunda jornada de intercâmbio online com alunado da Escola Estadual Helena Guerra da cidade de Contagem em Minas Gerais no Brasil.

Adoraram o encontro e desde agora comunicam-se atraves das redes sociais pessoais para continuar conhecendo um bocado mais os seus parceiros e parceiras brasileiros!