Co motivo da celebración das Letras Galegas 2025 dedicadas este ano á figura das cantareiras tradicionais, personificadas en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
É unha representación colectiva, como xa se fixo na elección dos trobadores da ría de Vigo en 1998, cos que se rendeu homenaxe á poesía medieval. Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre. Nesta publicación da RAG podedes ver información sobre esta celebración.
Xa temos no noso vestíbulo expostas as láminas editadas pola SXPL para conmemorar o labor e a arte destas mulleres que mantiveron viva a tradición oral galega ao longo de xeracións e xeracións.
Xunta elas podedes ver unha selección de material bibliográfico da nosa biblioteca que trata temas relacionados con este ámbito.






Ningún comentario:
Publicar un comentario