Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
Amosando publicacións coa etiqueta Marilar Aleixandre. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marilar Aleixandre. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de xaneiro de 2017

Marilar Aleixandre ingresou o 14 de xaneiro como membro numerario da RAG

Marilar Aleixandre (1947. Madrid), foi pioneira no ensino das ciencias en lingua galega e figura relevante na investigación en didáctica das ciencias en Europa. Na actualidade é Catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentais na USC,
Como escritora de literatura infantil e xuvenil, é  muller comprometida e moi reivindicativa, foi  premiada repetidas veces e ten publicadas ata a actualidade 20 obras. Sóanvos : A banda sen futuro , ou  A expedición do Pacífico,...?
A autora tamén escribe literatura para adultos, poesía e ensaio, e seguro que lestes unha das súas traducións  Harry Potter e a pedra filosofal .
Na RAG ocupará a vacante deixada por Xosé Neira Vilas. No seu discurso de ingreso“Voces termando da paisaxe galega”, reafirma dúas das constantes como escritora: o respecto polo medio natural e a defensa do feminismo,
 A nova académica ocupará así o sillón que quedou baleiro tras o falecemento de Xosé Neira Vilas. Na sesión de recepción lerá un discurso titulado 'Voces termando da paisaxe galega', ao que responderá a membro numerario da RAG Fina Casalderrey.
Marilar Aleixandre, nacida en Madrid en 1947, chegou a Galicia a mediados dos 70 para empezar a traballar como catedrática de ensino secundario en Vigo. En terras galegas, participou activamente na resistencia clandestina ao franquismo, foi líder do movemento veciñal e participou na fundación da primeira asociación feminista galega, entre outras cuestións.


Marilar na nosa biblioteca: