Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

xoves, 15 de xuño de 2023

ENTREGA DE DIPLOMAS DE VOLUNTARIADO E CLUB DE LECTURA

No recreo deste xoves fixéronse entrega dos diplomas ao alumnado que forma o Voluntariado de biblioteca e os agasallos e diplomas das persoas participantes en todos os clubs de lectura deste curso.

sábado, 10 de xuño de 2023

O SON REBULDEIRO 2023

Aquí tedes o último número da nosa revista do EDLG realizada coa coordinación do equipo do EDLG e a colaboración da biblioteca e baixo a dirección técnica de Anxos Fuciños.

Nela podedes ver artigos, deseños e relatos de parte do alumnado de Moas, así como a colaboración especial de antigos profesores do centro.

Esperemos que vos guste!!

mércores, 7 de xuño de 2023

REPRESENTACIÓN DA PEZA TEATRAL "DOS ÑAQUES PARA UN PIOJO" NO IES ROSALÍA MERA

Velaquí as fotos da representación da peza teatral Dos ñaques para un piojo do noso grupo de teatro Telón de Aquiles no IES Rosalía Mera este mércores ás 16:00 da tarde.















luns, 5 de xuño de 2023

CULTURE CLASSES DE INGLÉS

O 2 e 5 de xuño tivemos a visita no noso instituto de Damian Sheehy, profesor irlandés que, por xentileza de Burlington Books, veu impartir ao alumnado de 3ºESO, 4ºESO e 1º Bach varias de sesións de“culture classes”.

En cinco sesións os alumnos e alumnas aprenderon sobre a cultura, tradicións e outros a aspectos do mundo anglófono e participaron activamente respondendo ás “Prize Questions”

A enerxía e dinamismo de Damien conseguiu que as charlas resultaran dinámicas e divertidas.

Foi unha fantástica experiencia e esperamos poder repetila.