Biblioteca do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

luns, 27 de maio de 2019

Día internacional dos Museos

Co gallo do Día Internacional dos Museos que se celebrou o 18 de maio, o Departamento de Historia do IES Monte das Moas organiza unha completísima exposición cos traballos realizados por alumnado de 1º de ESO.
O vindeiro 6 de xuño terá lugar tamén non noso centro as IV Xornadas Romanas en Moas coa visita dos recreadores de Galicia. Todo un espectáculo.



mércores, 22 de maio de 2019

Premios "Buero" de Teatro joven


O noso grupo de teatro "Telón de Aquiles" ven de ser galardoado co premio especial do xurado á mellor música en vivo nos ...


 Parabéns a todos e en especial ao profesor Rafael Alonso, director do grupo, e a Juan Dios , profesor de música.
NON VOS PERDADES A ÚLTIMA ACTUACIÓN!!!!

luns, 13 de maio de 2019

Olimpiada Matemática

Un alumno do IES Monte das Moas seleccionado para a final da Olimpiada Matemática


Juan José é o segundo pola dereita.


O alumno de 2º ESO, Juan José Vila Trinidad, clasificouse para a Fase Final da Olimpiada Matemática galega que se celebrará en Lugo o vindeiro 23 de maio.

Facemos estensible a felicitación a todo o alumnado que participou nesta experiencia, así como no XXVI Canguro Matemático Europeo, ao que asistiron alumnos de 1º e 2º de ESO do noso Centro.


Parabéns e moita sorte!



domingo, 5 de maio de 2019

GRANDES EXPLORACIÓNS

Xa podedes visitar no corredor principal do centro os traballos sobre AS GRANDES EXPLORACIÓNS  que elaborou distinto alumnado das materias de Historia, Latín, Inglés e Club de Lectura de 1º de ESO.
Reportaxe fotográfica dalgúns dos traballos realizados.


 E deixamos aquí tamén a simpática presentación que elaboraron os integrantes do Club de lectura de 1º de ESO sobre a lectura de "As Viaxes de Exeria".

mércores, 1 de maio de 2019

Premios DADO de Microrrelatos

Nunha edición máis , e xa van catro, o grupo de Clubs de Lectura de institutos de A Coruña, DADO,  celebramos a gala anual no Ágora na que se presentan microrrelatos elaborados polo noso alumnado máis, como novidade, tamén "booktrailers" nas distintas categorías A (1º,2º e 3º de ESO) e B (4º de ESO, 1º e 2º de BAC)
Este ano o noso alumnado foi galardoado con diferentes premios:

Na categoría A, Sara Sanz Fonta de 3º de ESO acadou o primeiro premio co seu microrrelato titulado O MEU INIMIGO.  Podedes lelo xunto cos outros relatos finalistas AQUÍ.

Sara, á dereita, recibindo os agasallos de mans dunha compañeira.
María Tarrío Rodríguez de 4º de ESO B, resultou finalista na categoría B co seu relato MIRÁDEME que podedes ler AQUÍ.

Por último,  salientar que o club de lectura de inglés tamén foi galardoado co primeiro premio de "booktrailers"  ou vídeos de promoción da lectura co vídeo MILK & HONEY , interpretación dalgúns dos  poemas da autora canadiense Rupi Kaur e finalista cun pequeno poema orixinal elaborado trala lectura de "The Little Prince".
O club de lectura de inglés ao completo exhibindo os seus diplomas

Aquí vos deixamos os traballosParabéns a todos polo esforzo de manter viva a lectura!!!!.



E, por último un resumo da gala, vídeo cedido pola biblioteca do Ágora.