Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

xoves, 28 de febreiro de 2019

Día de Rosalía: Comando de lectura

No Día de Rosalía organizamos un "Comando de Lectura " formado por alumnas de 1º de ESO que foi polas clases recitando versos da nosa universal poeta. Deixámosvos aquí unha mostra do seu bo facer.



Tamén vos deixamos aquí outro vídeo moi difundido estes días polas redes no que a cantaurora galega MJ Pérez fai un "cover" da canción Malamente de Rosalía  coa letra de Castellanos de Castilla  de Rosalía de Castro.
PARA GOZAR!!!!

xoves, 7 de febreiro de 2019

Concurso Portadas para a revista do instituto.

O equipo de dinamización lingüística convoca un concurso para elaborar a portada da revista do centro para este ano no que se fan 30 anos da súa inauguración. Se queredes participar mirade as bases:

domingo, 3 de febreiro de 2019

Día da Paz 2019: A reportaxe

Éxito total da campaña de "vacinación"colectiva polo bo trato argallada pola Biblioteca do noso instituto. Máis de 100 compromisos da nosa rapazada solidaria.
Aquí vos deixamos a reportaxe do evento.