Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
Amosando publicacións coa etiqueta Día dos namorados. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día dos namorados. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de febreiro de 2020

Poemas de amor

Co gallo do Día de San Valentín, alumnas do centro fan unha escolma de poemas de amor en varios idiomas e un posterior recital na biblioteca.

Para namorar...

 

xoves, 23 de marzo de 2017

Libros namorados

Colgamos xa por toda a biblioteca os traballos presentados para o concurso de LIBROS DE POEMAS ILUSTRADOS. O xurado xa está mans á obra e os premios serán entregados antes das vacacións de Semana Santa.
Moita sorte a todos os participantes.

Ah ! E se pos o rato enriba das fotos poderás velas con máis detalle...



mércores, 8 de febreiro de 2017

CONCURSO DE LIBROS DE POEMAS ILUSTRADOS


Achégase o "Día dos Namorados"
 e por esta razón a biblioteca convoca un CONCURSO DE LIBROS PERSONALIZADOS  
que ilustren poemas de temática amorosa.


BASES:
*                     Poderá participar o alumnado de 1º a 3º de ESO.
*                     Tras o visionado dos titoriais colgados nesta mesma entrada, a rapazada deberá fabricar pequenos libros que poderán ser ilustrados con diversas técnicas (collage, debuxos, fotos, etc) facendo alusión a pequenos poemas (pareados, cuartetos... ) de elaboración propia.
*                     Os poemas poderán estar escritos en calquera das linguas que se ensinan no centro: galego, español, inglés, francés ou latín.
*                     DATA e LUGAR de entrega:
ü  2 de marzo
ü  NA BIBLIOTECA
PREMIOS:
Haberá un 1º , un 2º  e un 3º premio que recibirán, entre outros agasallos, libretas especiais, entradas de cines, libros...
XURADO:
O xurado estará composto por profesorado membro do equipo de dinamización da biblioteca e alumnado dos cursos superiores.

Vídeotitoriais:
      
 Sin palabras. Moi sinxelo de facer.                          En español. Tamén moi doado.