Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

xoves, 22 de febreiro de 2018

Charla de LEDICIA COSTAS no instituto

Hoxe tivemos a honra de recibir á premiada autora no noso centro. Gozamos das súas historias, simpatía e cercanía...o alumnado non paraba de facerlle preguntas!!!
Emotiva charla para a nosa rapazada lectora e a que nos veu visitar doutros centros: IES Rafael Dieste, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Monelos e IES Agra do Orzán.

Grazas a todos por compartir esta experiencia e especialmente ao grupo de alumnas do club de lectura de 2º de ESO e á súa profesora, Carme Manso, por facer unha magnífica presentación da escritora.

Se premedes na foto poderedes ver unha reportaxe fotográfica do evento.
Rapazas do club de lectura de 2º ESO con Ledicia Costas

mércores, 14 de febreiro de 2018

LEDICIA COSTAS no IES Monte das Moas

O vindeiro xoves 22 de febreiro teremos a gran honra de recibir a LEDICIA COSTAS a escritora de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta que están a traballar no club de lectura de 2º de ESO.
Agardamos tamén a presenza de alumnado dos clubs de lectura do IES Rafael Dieste, do IES Menéndez Pidal, do IES Monelos e do IES Agra do Orzán.
 Deixámosvos tamén a información elaborada polo club de lectura sobre esta interesantísima obra, pósters que estarán expostos xunto cunha pequena mostra das súas obras na entrada do instituto .

xoves, 1 de febreiro de 2018