Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

sábado, 18 de abril de 2020

MES DO LIBRO: IV Concurso de fotografía.

Presentamos o IV Concurso de Fotografía auspiciado pola BIBLIOTECA do noso instituto. Este  ano, botamos a andar un emotivo certame aberto a toda a comunidade educativa co título de 
"LIBROS CONFINADOS" coa idea de xuntar un feixe de fotografías que ilustren as nosas circunstancias lectoras neste tempo de confinamento.
So necesitas unha foto orixinal e un título. Mándao ao correo da biblioteca xunto co teu nome e curso, se es alumn@ e xa está. A entrega de premios e exposición das fotos realizarase a finais de curso ou se non pode ser, a comezos do próximo.

MES DO LIBRO:De que libro falo? Adiviña o título con emoticonos.

Lanzamos un simpático concurso aberto a toda a nosa comunidade escolar, pero en especial aos integrantes do club de lectura.

venres, 17 de abril de 2020

Presentación do libro Corredora de María Reimóndez en 1º ESO C

Dúas das alumnas de 1º ESO que participan no Club de Lectura expuxéronlles aos seus compañeiros do grupo 1º ESO C o argumento e outras cuestións interesantes sobre a autora e o ilustrador do libro Corredora da autora luguesa María Reimónde. 

Paula Rodeiro Iglesias e Helena Bermúdez Freire achegaron falaron da temática do libro, dalgunhas  cuestións sobre Etiopía, país ao que pertence a protagonista, e expresaron a súa opinión persoal sobre a novela.


mércores, 8 de abril de 2020