Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
Amosando publicacións coa etiqueta premio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta premio. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de abril de 2019

Premio á mellor portada para a revista do centro

Portada premiada
Ainhoa Tajes Rodríguez de 3º A de ESO ven de recibir hoxe o seu agasallo á mellor portada para a revista do centro "O SON REBULDEIRO" que edita o departamento de Dinamización Lingüística.
Parabéns, Ainhoa polo magnífico traballo que intenta facer un compendio dos 30 anos do noso instituto.
Ainhoa  recibindo o seu merecido agasallo

domingo, 28 de maio de 2017

Premios DADO 2017

O pasado martes 23 a rapazada dos nosos clubs de lectura asistiu a  unha gala no Ágora organizada polo grupo DADO para festexar as Letras Galegas e facer entrega duns premios aos mellores microrrelatos de entre os seis centros participantes (IES Monelos, Agra do Orzán, Elviña, Zalaeta, Rafael Dieste e nós, claro está) Desgraciadamente non acadamos ningún dos galardóns pero as nosas rapazas participantes dos Rebuldeiros de 1º de ESO fixérono moi ben e pasaron un bo rato. Outra vez será.
Parabéns tanto aos premiados como aos organizadores: profesores e alumnado do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) e persoal da biblioteca Municipal do Ágora.

Aquí vos deixamos un pequeno reconto gráfico do evento.

mércores, 14 de decembro de 2016

Entrega de premios.

Hoxe fixemos entrega dos premios correspondentes aos concursos de "Microrrelatos de Terror"e o de "Logos contra a violencia de xénero"

Dous son os relatos gañadores do primeiro concurso:

  • 1º Premio: La Habitación de Lucía Cabarcos (2º B ESO)
  • 2º Premio: Brenda Ramírez  (2º C ESO)

Ambolos dous relatos e os dous finalistas serán publicados en breve neste mesmo espazo.

Lucía Cabarcos recolle o premio.

En canto ao concurso de Logos non sexistas convocado pola biblioteca para o alumnado de 1º de ESO, a agraciada foi Carolina González de 1º A ESO que foi premiada cunha camiseta estampada co seu logo.

Carolina, á esquerda,  recollendo un pequeno agasallo 

O logo gañador

mércores, 15 de xuño de 2016

III Concurso de Debuxo "Picasso Coruñés"

Alumnado do noso centro foi galardoado con importantes premios nesta edición do concurso que selecciona as mellores obras presentadas nas categorías de :
- Mellor Xornal
- Mellor Ilustración
- Mellor Redacción
Parabéns aos premiados:

III Concurso de Debuxo "Picaso Coruñés" on PhotoPeach

domingo, 12 de xuño de 2016

Premios ao alumnado máis lector

Grazas ao noso "lecturómetro" puidemos premiar, a través dun sorteo ao alumnado máis lector cun pequeno agasallo.

Aquí vos deixamos as fotos das alumnas agasalladas. Parabéns a todas!!!
De esquerda a dereita: Alba, Martina e María Rey de 1º A ESO

Thalita de 4º A ESO

Lucía García de 2º B ESO

luns, 6 de xuño de 2016

Premios do Concurso de RELATO BREVE CON FONDO DE MITO CLÁSICO

Vimos de fallar o premio aos mellores relatos con temática de mito clásico e velaquí as flamantes gañadoras:

Noa Hernández e Jennifer Vázquez, ámbalas dúas de 4º de ESO A  polos seus magníficos relatos que serán publicados en breve neste mesmo espazo.

Polo de agora conformádevos con esta fotografía na que as dúas rapazas posan cos seus contos e os premios: Senllas tarxetas regalo da librería Fnac por valor de 40 e 30 € respectivamente.

Parabéns ás escritoras.


xoves, 17 de decembro de 2015

Concurso de monólogos

Cun monólogo moi divertido, da súa propia autoría, e con moi pouco ensaio, a alumna Coral López Viqueira de 4º A gañou o 1º premio no VI Concurso de Monólogos do concello de A Coruña no apartado de 2º ciclo de Secundaria co tema:   “Ás 12 en casa”

PARABENS!!!!

VI Concurso de Monólogos do Concello de A Coruña on PhotoPeach