mércores, 23 de abril de 2025
Finalistas do Concurso de Microrrelatos
martes, 22 de abril de 2025
Feira do libro solidaria
Como é costume no IES das Moas, xa está montada a nosa feira do libro solidaria. Podedes levar un libro por cada kilo de comida non perecedeira que traigades. O recaudado será para o Banco de Alimentos da Coruña. Os libros estarán dispoñibles durante un mes aproximadamente, do Día do Libro ata pasar o Día das Letras Galegas, neste mes que no IES adicamos as letras.
venres, 11 de abril de 2025
Mellores lectores do segundo trimestre
A piques de rematar o segundo trimestre, e en vísperas do Día do Libro, celebramos na Biblioteca do IES Monte das Moas a entrega dos premios aos mellores lectores, aqueles que remataron un ou mesmo dous Lecturómetros estes tres meses.
mércores, 9 de abril de 2025
martes, 8 de abril de 2025
AQUÍ TAMÉN SE FALA: O DÉPOR É DA CORUÑA
Na edición pasado centrámonos na dinamización da nosa lingua no comercio dos barrios do Castillón, dos Castros, da Gaiteira e de Eirís, mais as accións que este curso lidera de novo o IES Rafael Dieste centráronse na reivindicación para o que o Deportivo sexa da Coruña e repoña o topónimo oficial da nosa cidade no seu escudo.
Fermina Yáñez, directora, Ana Martíns, coordinadora do EDLG e Matilde Mosquera, xefa do Dpto de LGL |
No primeiro trimestre, a directora do IES Monte das Moas, a xafa do Departamento da Lingua Galega e a coordinadora do EDLG da escola asinamos para que esta iniciativa se poida trasladar á entidade. Esta pasada fin de semana lanzouse a campaña nos medios e a rapazada do Dieste repartiu 15000 adhesivos á entrada do estadio na previa do partido Dépor- Cádiz.
Entre as persoas asinantes, á parte de docentes e membros dos equipos directivos de moitos institutos da Coruña, sumáronse, entre outros, representantes de institucións como o daquela presidente da RAG, Víctor Freixanes; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o reitor da UDC, Ricardo Cao e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.
Esperamos que a forza da rapazada poida conseguir o que non loitaron as institucións e que se poida recuperar o topónimo oficial nun dos bens máis queridos da nosa cidade e que a entidade, agora que tamén se sumou á campaña a Federación de Peñas, proceda á súa reposición no escudo.