Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
Amosando publicacións coa etiqueta exposición. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta exposición. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de maio de 2019

Día internacional dos Museos

Co gallo do Día Internacional dos Museos que se celebrou o 18 de maio, o Departamento de Historia do IES Monte das Moas organiza unha completísima exposición cos traballos realizados por alumnado de 1º de ESO.
O vindeiro 6 de xuño terá lugar tamén non noso centro as IV Xornadas Romanas en Moas coa visita dos recreadores de Galicia. Todo un espectáculo.



domingo, 5 de maio de 2019

GRANDES EXPLORACIÓNS

Xa podedes visitar no corredor principal do centro os traballos sobre AS GRANDES EXPLORACIÓNS  que elaborou distinto alumnado das materias de Historia, Latín, Inglés e Club de Lectura de 1º de ESO.
Reportaxe fotográfica dalgúns dos traballos realizados.


 E deixamos aquí tamén a simpática presentación que elaboraron os integrantes do Club de lectura de 1º de ESO sobre a lectura de "As Viaxes de Exeria".

mércores, 6 de marzo de 2019

Día da Muller: Exploradoras e Viaxeiras

Novamente mulleres da comunidade escolar do IES Monte das Moas rinden unha sentida homenaxe a loitadoras que aportaron coas súas viaxes ou exploracións unha nova mirada ao mundo.

Esta exposición poderá ser visitada ata final de mes a partires de mañá,7 de marzo, na nova zona de exhibicións habilitada no corredor principal que dá acceso á biblioteca.

Como é habitual deixamos aquí tamén unha folla de traballo para todo o profesorado que queira baixar co seu alumnado a visitala.

Comprobaredes que xunto a exposición colocamos un último póster dedicado a unha muller extraordinaria: Celia Rivas Casal, a primeira camioneira de España e avoa dunha das alumnas do instituto.

Póster-homenaxe a Celia Rivas Casal:

luns, 5 de marzo de 2018

Día da Muller: Mulleres Inventoras

Como xa ven sendo habitual , no IES Monte das Moas reunímonos mulleres da comunidade escolar (profesoras, alumnas e persoal non docente) para realizar a nosa máis sentida homenaxe a mulleres de moita valía ao longo da historia, nesta ocasión a MULLERES INVENTORAS.
Velaqui a exposición que podedes contemplar na entrada do instituto:


E aquí amosamos as ACTIVIDADES para traballar coa exposición.
Tamén deixamos un interesante vídeo relacionado coa nosa exposición
E ti, serías quen de nomear algunha muller inventora?

mércores, 1 de marzo de 2017

Día da Muller

Un ano máis, mulleres da comunidade educativa do IES Monte das Moas aportan o seu pequeno gran de area para facer visibles a extraordinarias persoas no eido da composición musical, mulleres que non o tiveron nada fácil e que, na maioría dos casos, foros silenciadas ou ben esquecidas por ter vivido nun mundo de homes.

Aí vai a nosa homenaxe que poderá ser visitada no corredor principal do noso centro  ata final de mes.
Achegamos tamén unha guía de lectura da exposición para que todo o profesorado que queira poda traballar as interesantes biografías co seu alumnado.

xoves, 1 de decembro de 2016

Eduardo Mendoza. Premio Cervantes 2016


O escritor catalán Eduardo Mendoza ven de recibir o premio Cervantes 2016, o equivalente ao Nobel das letras Españolas.
O autor de El misterio de la cripta embrujada ou  La ciudad de los prodigios, consegue así un dos galardóns máis ansiados por calquera escritor de fala hispana, e non sen méritos: unido a unha carreira profesional chea de "best-sellers" vai unha calidade literaria indiscutible.
Na biblioteca encontraredes unha mini-exposición dalgunhas das súas obras máis relevantes.


martes, 7 de xuño de 2016

EXPOSICIÓN LUTHIERS

Outra magnífica exposición do traballo do alumnado de 3ª e  4ª de ESO amosando mecanismos de instrumentos musicáis.
Xunto coa exposición podedes encontrar uns documentos explicativos do traballo dos luthiers e pequenas biografías dos mellores do mundo para que contestedes un cuestionario sobre a exposición.
Tamén podedes gozar dun vídeo coas fotos da exposición e un anaco dun concerto ofrecido polo alumnado de música de 1º A de BAC.
Aquí deixamos a documentación.


mércores, 20 de abril de 2016

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Deixámosvos aquí un pequeno collage con algunhas das novidades que adquirimos na biblioteca , entre outras cousas, para celebrar o Día do Libro.
Pasade a vernos se queredes ver todo o que temos : novela, banda deseñada, divulgación científica, fotografía, arte...

martes, 3 de novembro de 2015

Día da Ciencia en Galego

Mañá 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego.


Ofrecémosvos na biblioteca dúas esposicións co gallo de tan interesante día:
-  Por unha banda unha pequena mostra das novas adquisicións de libros con temática científica en GALEGO
- Por outra, unha extensión da exposición instalada no corredor "O Patrimonio Marítimo de Galicia" .
Con estas dúas accións queremos aunar a cultura científica na nosa lingua e a etnográfica.

Para os alumnos de 1º de BAC haberá unha videoconferencia no salón de actos ofrecida pola Coordinadora Galega de ENDL na que o científico Xurxo Mariño da USC lles ofrecerá unha charla.