O pasado luns 24 de novembro tivemos a nosa primeira reunión do Club de lectura de adultos, "Café con Letras", que inauguramos este curso. Nesta reunión, formada por persoal docente e non docente do centro, tivemos un invitado de excepción, o escritor coruñés Roberto Cagiao, autor do libro que estivemos a ler: Entroido. Falamos do seu libro e da súa obra na nosa biblioteca. Houbo café, tartas e regaliños para inaugurar esta nova actividade que comezamos con ilusión.
Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
Amosando publicacións coa etiqueta club de lectura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club de lectura b>. Amosar todas as publicacións
martes, 25 de novembro de 2025
domingo, 22 de setembro de 2019
mércores, 3 de abril de 2019
Visita de CARLOS NEGRO
Deixamos aquí unha pequena mostra do que foi a emocionante visita do poeta Carlos Negro ao noso instituto o pasado 27 de marzo.
mércores, 26 de setembro de 2018
luns, 25 de xuño de 2018
xoves, 19 de abril de 2018
II Concurso de Microrrelatos do Grupo Dado
Os clubs de lectura dos seis centros que conformamos o grupo DADO asistimos á tradicional gala de entrega de premios no Ágora. Os nosos finalistas: Juan Vila e Xabier Martínez de 1º de ESO tiveron unha actuación maxistral.
Deixamos aquí un vídeo-resumo da gala e outro da actuación completa de de Xabier (ao acordeón) e Juan.
.
xoves, 22 de febreiro de 2018
Charla de LEDICIA COSTAS no instituto
Hoxe tivemos a honra de recibir á premiada autora no noso centro. Gozamos das súas historias, simpatía e cercanía...o alumnado non paraba de facerlle preguntas!!!
Emotiva charla para a nosa rapazada lectora e a que nos veu visitar doutros centros: IES Rafael Dieste, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Monelos e IES Agra do Orzán.
Grazas a todos por compartir esta experiencia e especialmente ao grupo de alumnas do club de lectura de 2º de ESO e á súa profesora, Carme Manso, por facer unha magnífica presentación da escritora.
Se premedes na foto poderedes ver unha reportaxe fotográfica do evento.
![]() |
| Rapazas do club de lectura de 2º ESO con Ledicia Costas |
mércores, 14 de febreiro de 2018
LEDICIA COSTAS no IES Monte das Moas
O vindeiro xoves 22 de febreiro teremos a gran honra de recibir a LEDICIA COSTAS a escritora de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta que están a traballar no club de lectura de 2º de ESO.
Agardamos tamén a presenza de alumnado dos clubs de lectura do IES Rafael Dieste, do IES Menéndez Pidal, do IES Monelos e do IES Agra do Orzán.
Agardamos tamén a presenza de alumnado dos clubs de lectura do IES Rafael Dieste, do IES Menéndez Pidal, do IES Monelos e do IES Agra do Orzán.
Deixámosvos tamén a información elaborada polo club de lectura sobre esta interesantísima obra, pósters que estarán expostos xunto cunha pequena mostra das súas obras na entrada do instituto .
domingo, 28 de maio de 2017
Premios DADO 2017
O pasado martes 23 a rapazada dos nosos clubs de lectura asistiu a unha gala no Ágora organizada polo grupo DADO para festexar as Letras Galegas e facer entrega duns premios aos mellores microrrelatos de entre os seis centros participantes (IES Monelos, Agra do Orzán, Elviña, Zalaeta, Rafael Dieste e nós, claro está) Desgraciadamente non acadamos ningún dos galardóns pero as nosas rapazas participantes dos Rebuldeiros de 1º de ESO fixérono moi ben e pasaron un bo rato. Outra vez será.
Parabéns tanto aos premiados como aos organizadores: profesores e alumnado do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) e persoal da biblioteca Municipal do Ágora.
Aquí vos deixamos un pequeno reconto gráfico do evento.
mércores, 24 de febreiro de 2016
Visita de Andrea Maceiras. O vídeo
Presentamos aquí unha pequena recompilación de fotos e anacos da interesantísima charla que a escritora Andrea Maceiras ofreceu no noso centro e á que nos acompañaron alumnado do IES Monelos e do IES Rafael Dieste o pasado martes 16.
mércores, 17 de febreiro de 2016
Premios "DADO" de Videoanimación Lectora
Premios dAdO
DE Videoanimación Lectora
BASES:
OBXECTIVO: Concurso de Animación á lectura a través da creación de
vídeos feitos co móbil
FORMATOS:
1ª CATEGORÍA: Vídeo
individual sen ningún tipo de edición. Poderán participar unicamente os alumnos
participantes nos clubs de lectura dos centros do Grupo Dado. O libro comentado
non ten necesariamente que ser un dos lidos nos clubs. Duración: 2 ou 3 minutos. PREMIOS: 1º
premio: 50 euros nun vale por libros; 2º premio: 30 euros nun vale por libros;
3º premio: 20 euros nun vale por libros.
2ª CATEGORÍA: Vídeo grupal ao redor dun libro traballado nos clubs
(mínimo 3 partipantes) feito sen nengún tipo de edición. Os equipos deberán
estar constituidos por rapaces que actualmente participan nun club de lectura
do Grupo Dado e centrarse nun libro que se leu ou se está a ler. Duración: 4 minutos máximo. PREMIOS:
1º premio: 10 entradas de cine para calquera día do presente
ano; 2º premio: 6 entradas de cine; 3º premio: 4 entradas de cine
3ª CATEGORÍA: Vídeo individual editado. Coas mesmas características que
na primeira categoría pero incluíndo a edición, os alumnos participantes
poderán non pertencer aos clubs de lectura. Duración: 2 ou 3 minutos. PREMIOS:
1º premio: 30 euros nun vale por libros; 2º premio: 20 euros
nun vale por libros
CARACTERÍSTICAS QUE SE VALORARÁN:
Conseguir persuadir os espectadores para que lean o libro
que se presenta, ser orixinais no tratamento da información, mostrar un
discurso organizado, adecuar o rexistro lingüístico á situación, utilizar
correctamente a voz e usar creativamente a linguaxe non verbal. A lingua
utilizada deberá ser o galego.
DATA DE ENTREGA: 18 de marzo enviando o vídeo a través de correo gmail a premiosdado@gmail.com Os nominados serán convocados a unha
Gala no Ágora, na Semana das Letras Galegas, onde se farán as proxeccións dos
mellores vídeos e a entrega de premios. Nas mensaxes que se manden cos vídeos
ten que figurar o nome do alumno, centro e categoría pola que se participa.
domingo, 14 de febreiro de 2016
VISITA de ANDREA MACEIRAS
O martes 16 de febreiro contaremos coa presenza da autora galega Andrea Maceiras que nos falará, entre outras cousas, da súa obra "Miña querida
Sherezade". Aínda que a charla está pensada para alumnado de 3º de ESO,
tanto profesores como pais que queiran acudir están por suposto invitados ao
evento.
venres, 5 de febreiro de 2016
AS MIL E UNHA NOITES
Presentamos aquí un traballo moi interesante elaborado polo grupo de Lectores Rebuldeiros de 3º da ESO sobre a obra de Andrea Maceiras Miña Querida Sherezade.
martes, 19 de xaneiro de 2016
Prohibido Leer a Lewis Carroll
Simpático vídeo elaborado polos integrantes do Club de Lectura de 2º de ESO para promocionar este magnífico libro.
Non ten perda.
luns, 7 de decembro de 2015
Prohibido Leer a Lewis Carroll
Os Lectores Rebuldeiros de 2º de ESO dan coas razóns de por que non se pode ler a tan insigne autor despois de gozar deste divertidísimo libro de Diego Arboleda.
Publicamos aquí o noso pequeno vídeo, tamén dispoñible en LECTURAS REBULDEIRAS.
Publicamos aquí o noso pequeno vídeo, tamén dispoñible en LECTURAS REBULDEIRAS.
domingo, 17 de maio de 2015
Un Día das Letras moi especial
O pasado venres os Lectores Rebuldeiros de 2º de ESO pasaron un día moi especial no Ágora xunto con outros clubs de lectura da cidade (Elviña, Monelos, Zalaeta e Agra do Orzán).
Tivemos a oportunidade de ver o traballo do debuxante José Domingo que nos explicou como é a elaboración dun "cómic".
Trala charla baixamos a facernos unhas fotos no "photocall" da biblioteca para conmemorar o Día das Letras Galegas e despois tivemos a gran sorte de asistir a un recital de poesía da man de Lucía Aldao e María Lado que nos fixo rir e vibrar coa súa singular posta en escea.
Podedes ver aquí a reportaxe fotográfica da xornada.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




