Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

martes, 30 de outubro de 2018

SAMAÍN na Biblioteca. Uuuuuuhhhhhhhh!!!!

Pasamos un recreo terrorífico coa lectura dos marabillosos contos de medo de  da ESO  nunha biblioteca decorada con  arrepiantes morcegos e cabazas realizadas por alumnado de 1º e 2º de ESO 
Deixámosvos aquí unha pequena presentación das actividades máis un vídeo coas lecturas dos contos. Pasen e vexan...


martes, 23 de outubro de 2018

Chega o terrorífico SAMAÍN

Atréveste a pasar un "mal" rato con estes pasatempos?
ADIANTE!!!. Descárgaos e fainos nun "tris-tras"

Pasatempos do Samaín by on Scribd

domingo, 21 de outubro de 2018

FORMACIÓN DE USUARIOS: Xogo de "Kahoot"

Se prestastes atención na sesión de FORMACIÓN DE USUARIOS, seredes quen de acertar todas as preguntas deste xogo online. Segue as instrucións e...
.
A XOGAR e GAÑAR!!!

  • Terás que ter a APP "Kahoot" instalada no teu dispositivo móbil.
  • Este é o PIN para poder xogar: 0123125
  • Non te esquezas de poñer o teu nome e curso no "Nickname"


Os resultados chegarán á biblio e os mellores terán un pequeno agasallo.

Sorte!!!

mércores, 10 de outubro de 2018

Diplomas para as Voluntarias da Biblioteca

A semana pasada fixemos entrega dos diplomas ás rapazas que axudaron na xestión da biblioteca o ano pasado.
Velaquí dúas fotos con algunhas delas.
A semana que vén iniciamos a inscrición para os novos voluntarios deste ano. ANIMÁDEVOS.