O FLIV: Festival Virtual de libros de Galicia, lanza unha web chea de sorpresas da que se fai eco a recvista de Tecnloxía Código Cero.
Clica na imaxe para saber máis.
Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
Amosando publicacións coa etiqueta novas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novas b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 31 de maio de 2020
luns, 4 de novembro de 2019
Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía
A escritora e profesora galega, Pilar Pallarés, ven de ser merecidamente galardoada co Premio Nacional de Poesía pola súa obra Tempo Fósil.
Concedéronlle o premio "por trasmitir con profunda sabiduría e emoción, a un tempo lúcida e desgarrada, a experiencia da perda e da destrución do
vivido, do que nos configura, desde unha conciencia da paisaxe como
un corpo vivo".
A escritora ten publicados os libros de poemas: Livro das devoracions (1996), Poemas (2000), Leopardo son (2011), polo que recibiu o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; e Tempo fósil (2018), merecedor do Premio da Crítica 2018.
domingo, 3 de marzo de 2019
Ciencia en Galego
domingo, 18 de marzo de 2018
Presentación de TARDES DE DOMINGO de Ramona Giráldez
"O venres 16
de maio tivo lugar a presentación da obra poética "Tardes de domingo"
da nosa compañeira e profesora deste centro, Ramona Giráldez Domínguez,
ilustrada por Luz Arufe.
O acto moi ben organizado uniu varias xeracións de
alumnado e profesorado deste instituto no acolledor local de Portas Ártabras. O
numeroso público asistente desfrutou tanto da presentación da obra, por parte
de Leticia Eirín, como do recital de poesía e da música de “Os
Invisibles" (alumnado de Monte das Moas).
Parabéns a tod@s, especialmente a Ramona por facelo tan emotivo."
![]() |
| Retallo da emotiva presentación. Ramona Giráldez no centro da imaxe. |
![]() |
| Os alumnos Andrés Rey e María Rodríguez, ambos de 2º de BAC,. nun momento da súa actuación |
luns, 20 de febreiro de 2017
O "Telón de Aquiles" no campus Cocacola
O grupo de teatro do instituto veu de asistir a unhas clases maxistrais invitados pola Fundación Cocacola no apartado de premios teatrais "Buero Vallejo".
Para máis novas sobre o noso grupo de Teatro, non deixedes de visitar o seu blog:
domingo, 26 de xuño de 2016
PREMIO AO NOSO GRUPO DE TEATRO
Este blog está que ferve con tan boas novas.
O grupo de teatro do IES Monte das Moas: "O Telón de Aquiles", dirixido polo profesor Rafael Alonso, acaba de acadar un merecidísimo 5ª premio no XIX Certame de Teatro "Candilejas Don Bosco" coa obra El Chico de la Última fila de Juan Mayorga.
Especiais parabéns para os actores que foron destacados en dito certame: Sara Maneiro, Alba Paredes, Adrián Gallego e Andrés Rey.
![]() |
| O grupo de teatro ao completo recibe a merecida distinción |
luns, 29 de febreiro de 2016
Minicampus dos premios Buero Vallejo
O grupo de teatro do instituto asistiu o
sábado 27 de febreiro aos Minicampus dos Premios Buero Vallejo organizados pola
Fundación Coca-Cola nas instalacións do Ágora, A Coruña. Así puideron
disfrutar de leccións prácticas de coñecidos artistas nas especialidades
de Voz, por Paloma de Pablo, Interpretación, por Tito Asorey, ou Improvisación,
por Carles Castillo. Unha experiencia inesquecible onde contactaron con membros
de diferentes grupos teatrais de toda Galicia. Noraboa á Fundación Coca-Cola e
grazas.
Os rapaces asistiron co profesor Rafael Alonso, responsable do grupo de teatro no IES Monte das Moas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













