A escritora e profesora galega, Pilar Pallarés, ven de ser merecidamente galardoada co Premio Nacional de Poesía pola súa obra Tempo Fósil.
Concedéronlle o premio "por trasmitir con profunda sabiduría e emoción, a un tempo lúcida e desgarrada, a experiencia da perda e da destrución do
vivido, do que nos configura, desde unha conciencia da paisaxe como
un corpo vivo".
A escritora ten publicados os libros de poemas: Livro das devoracions (1996), Poemas (2000), Leopardo son (2011), polo que recibiu o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; e Tempo fósil (2018), merecedor do Premio da Crítica 2018.
Ningún comentario:
Publicar un comentario