mércores, 26 de novembro de 2025
martes, 25 de novembro de 2025
Portas violeta para o 25N
Café con letras
O pasado luns 24 de novembro tivemos a nosa primeira reunión do Club de lectura de adultos, "Café con Letras", que inauguramos este curso. Nesta reunión, formada por persoal docente e non docente do centro, tivemos un invitado de excepción, o escritor coruñés Roberto Cagiao, autor do libro que estivemos a ler: Entroido. Falamos do seu libro e da súa obra na nosa biblioteca. Houbo café, tartas e regaliños para inaugurar esta nova actividade que comezamos con ilusión.
luns, 24 de novembro de 2025
Entrevista da TVE-Galicia sobre o 25N no noso IES
xoves, 20 de novembro de 2025
OS LIBROS MÁIS IMPORTANTES DA LITERATURA GALEGA
O alumnado de 3°C tivo hoxe a ocasión de participar no obradoiro "Os libros máis importantes da literatura galega" impartido por Isaac Lourido, profesor da UDC, e coñecer un pouco máis sobre o sistema literario galego.
Téñoa negra! Literatura (e outras artes) contra a marea negra do Prestige
Onte cumpríronse 23 anos do afundimento do Prestige e, dende o instituto, quixemos render unha pequena homenaxe a esta data tan marcada na memoria colectiva.
mércores, 19 de novembro de 2025
Mulleres nas redes. Teatro para o 25N
OBRADOIROS DE XOGUETES POPULARES CO ESCRITOR ANTÓN CORTIZAS
Onte o alumnado de 1º de ESO tivo a sorte de partillar con Antón Cortizas. Antón é mestre, escritor, creador pero sobre todo, como el di, sementador porque sementa continuamente e así o puidemos comprobar ao longo da mañá.
VISITA DE 2º DE BACHARELAO Á EXPOSICIÓN DE CASTELAO NO GAIÁS
O alumnado de 2º de Bacharelato acudiu onte á exposición Castelao. Mirar por Galicia no Museo Gaiás na Cidade da Cultura.
A exposición representa a experiencia de arte dixital máis avanzada sobre a obra do autor e combinando intelixencia artificial, hologramas, animación 3D e realidade virtual imos asistindo a un relato que nos traslada unha visión interactiva e innovadora das achegas e o universo artístico do autor rianxeiro.
xoves, 6 de novembro de 2025
PERSOAS GAÑADORAS DO DESEÑO DE MONSTROS ARREPIANTES
Estes son os deseños e as persoas gañadoras do Concurso de Monstros Arrepiantes organizado polo EDLG este Samaín.
Recibiron o seu premio no recreo de hoxe na biblioteca. Parabéns a todas!!
![]() |
| Marina Martín Allegue (2º ESO A) |
![]() |
| Valeria Carnero Fernández (2º ESO C) |
![]() |
| Antía Sueiro López (4º ESO C) |
![]() |
| Manuela Díaz Real (4º ESO C) |
martes, 4 de novembro de 2025
Exposición no Mes da Ciencia en Galego
No mes de novembro, "Mes da Ciencia en Galego", montouse unha exposición a través da cal o alumnado pode coñecer elementos naturais frecuentes na nosa comunidade. Acompáñase de carteis informativos con algunhas curiosidades, lendas e libros de ciencias en galego que se poden atopar na nosa biblioteca. Propúxose un concurso baixo o título "Cada ovella coa súa parella", para espertar o espírito indagador do alumnado.














































.jpg)
.jpg)
