O Departamento de Educación Plástica e Visual organizou esta tarefa de deseño de escudos creativos.
O alumnado de 3º da ESO de Educación Plástica, Visual e Audiovisual levou a cabo unha tarefa de creación do propio escudo. Partindo de ser consciente da propia identidade e, véndose igual aos demais compañeiros, cada un/unha creou o seu escudo.
En relación coa unidade didáctica: "O proceso creativo", fixéronse bocexos, debuxos e pezas en relevo a partir dun autorretrato conceptual. E velaquí podedes ver o estupendo resultado. Ben feito!