No mes de abril, tras a conmemoración do Día da Muller e a Nena na Ciencia no que se deu a coñecer entre outras científicas a Carol Shaw, o alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de divertirse cos xogos de Scratch elaborados polo alumnado de programación de 1º de ESO.
Ao longo dos meses de maio e xuño, nunha actividade dirixida especialmente ao alumnado de 1º de ESO, pero na que puideron participar todas aquelas persoas que o desexaron, contamos no centro cunha exposición sobre os “Vermes da seda”, na que se atopaba información sobre aspectos biolóxicos, lendas, historia e outras curiosidades desta especie, observando ademais en tempo real a metamorfose dos insectos.
Nunhas “minixornadas científicas”, o alumnado de 4º de ESO presentou ao alumnado de 1º de ESO diversos aspectos sobre a evolución, acompañando de xeito fugaz a Darwin na súa viaxe a bordo do Beagle durante o mes de xuño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario