O alumnado de 3º PDC preparou esta actividade para conmemorar a data do 26 de setembro, Día Europeo das Linguas. Para iso preparou un xogo que consiste en ter unha serie de linguas europeas e non europeas mesturadas con outras palabras galegas que poderían levar a engano e seren consideradas linguas.
Ao longo dos dous recreos pasaron pola actividade varios docentes e alumnas que gozaron deste xogo. As dinamizadoras foron Virginia, Ana Sofía, Mateo, Ander, Ainara e Janiber.
Foi unha actividade que gustou moito e que teremos que repetir!
Grazas!!!







