Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

mércores, 18 de decembro de 2019

Premios aos mellores "Zapatos con Mensaxe"

Hoxe demos no recreo os premios a algúns dos participantes na actuación contra a violencia de xénero organizada pola biblioteca. As mellores mensaxes recibiron unha camiseta deseñada por nós.
Parabéns a todo o alumnado de 4º de ESO que participou.







luns, 16 de decembro de 2019

xoves, 12 de decembro de 2019

Boletín de Decembro: "Equipo de Investigación"

Valaquí o segundo número do boletín da nosa biblioteca. Este ano coa novidade de que foi elaborado polo alumnado da materia de Investigación e Tratamento da Información de 2º de ESO.
Esperamos que vos guste.

domingo, 1 de decembro de 2019

25N: Zapatos con Mensaxe

Deixámosvos aquí unha reportaxe do emotivo evento organizado para visibilizar o rexeitamento da nosa comunidade escolar contra a violencia de xénero: un pequeno carreiro de zapatos con mensaxe.
NIN UNHA MORTA MÁIS!!