Ao
longo deste curso levouse a cabo unha actividade interdisciplinar ao redor do
tema: A REAL EXPEDICIÓN FILANTRÓPICA DA VACINA, aproveitando a mesma para
resaltar a figura de Isabel Zendal.
Nesta actividade implicáronse os departamentos de Xeografía
e Historia, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Biblioteca
e EDLG. Isto permitiu un tratamento da información de xeito interdisciplinar e
integrador.
Os aspectos tratados e actividades realizadas desde os distintos
departamentos foron:
. “A corveta María Pita”. O departamento de
Historia reproduciu unha recreación dunha parte das estancias dun barco do
século XIX, neste caso concreto, a “Corveta María Pita”, na que partiu a REFV o
30 de novembro de 1803. No seu interior obsérvanse moitos elementos
relacionados coa navegación, así como carteis explicativos sobre a vida nun
barco nesa época e outros moitos temas. Tamén hai unha parte dedicada á Coruña
de hai dous séculos.
Parte dos carteis expostos
foron elaborados polo alumnado de 1º de ESO.
. “O sistema inmunolóxico e as vacinas”. O alumnado de Anatomía aplicada de 1º de
Bacharelato traballou sobre o sistema inmunolóxico e a súa relación coas
vacinas. Elaboraron modelos sinxelos para explicar como funcionan, utilizando, entre
outros, o exemplo do funcionamento dos grupos sanguíneos. Posteriormente fixeron
talleres nos que explicaron a información a compañeir@s doutros niveis.
.“As flores”. En 1º de ESO realizaron maquetas coas diferentes
partes da flor. Ao seu carón poden atoparse exemplos de flores características
de lugares onde arribou a REFV.
· “A REFV
e a papiroflexia”. O
departamento de matemáticas co seu alumnado de 1º de ESO confeccionou animais mariños
de papiroflexia, cos que de seguro se atopou a tripulación da expedición.
·“Instrumentos
de navegación”. En 3º de ESO,
dirxidos tamén polo departamento de matemáticas, fixeron astrolabios e
sextantes.
· O departamento
de Física e Química co seu alumnado de 3º de ESO E, realizou carteis
explicativos sobre a flotabilidade dos barcos, unidades e
instrumentos de medida da época, conservación de alimentos e substancias
químicas utilizadas na etapa que tivo lugar a REFV e na actualidade.
· “Xogo
conecta”. No taller de
Tecnoloxía fabricáronse as bases de madeira cos circuítos correspondentes, nas que se colocan diferentes fichas. Con
elas, o alumnado pode relacionar conceptos explicados na exposición; de acertar
a relación, acéndese unha pequena bombilla ou soa un timbre.
· “A
pegada de Isabel”. A
Biblioteca e EDLG levaron a cabo unha selección de libros relacionados coa REFV
que completan a exposición.