O equipo de Voluntariado de Biblioteca afanouse en decorar a biblioteca para os tempos do Samaín e o resultado quedoulles ben terrorífico. Axudados polo equipo de biblioteca seleccionaron lecturas de terror en todas as linguas e velaquí tedes o arrepiante resultado.
Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
martes, 3 de novembro de 2026
FILÓSOFAS NA HISTORIA
Filósofas na Historia busca dar a coñecer algunhas das grandes pensadoras da Historia da Filosofía dende unha perspectiva actual. Cada unha delas preséntase cun cartel en forma de currículo no que se detallan a súa biografía, as súas obras e mais as súas achegas ao devir do pensamento. Cada cartel vai acompañado dun código QR no que o alumnado que o creou expón os aspectos que lle resultaron de maior interese. Esta actividade foi realizada polo grupo de Filosofía 2 de 4.º da ESO.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





.jpg)




