Biblioteca do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

domingo, 22 de abril de 2018

Concurso de fotografía matemática

Publicamos as bases do II Concurso de fotografía, esta vez de temática matemática, no marco das actividades do mes do libro.

xoves, 19 de abril de 2018

II Concurso de Microrrelatos do Grupo Dado

Os clubs de lectura dos seis centros que conformamos o grupo DADO asistimos á tradicional gala de entrega de premios no Ágora. Os nosos finalistas: Juan Vila e Xabier Martínez de 1º de ESO tiveron unha actuación maxistral.
Deixamos aquí un vídeo-resumo da gala e  outro da actuación completa de de Xabier (ao acordeón) e Juan.

.

domingo, 8 de abril de 2018

QUEN SON? Concurso literario

Anímate a descubrir estes escritores e personaxes da literatura universal.
Xoga na casa , no insti , cos teus colegas  e gaña unha suculenta tarxeta regalo de FNAC e algunha que outra sorpresa.

  • Quen pode participar?  TODO O ALUMNADO
  • Cando? Do 9 ao 27 de abril
  • Como xogar? So tes que clicar enriba dos persoeiros e automáticamente sae un recadro coas pistas. É MOI FÁCIL.
  • Como entregar as respostas? Vainas anotando nun papel e cando as teñas... 




Quen gañe o concurso recibirá o  premio a  primeira semana do mes de maio.  
Anímate. Gaña o que consiga máis respostas acertadas.

Agora... A XOGAR...!!! 


Ilustración de Fernando Vicente para Escola d'escriptura

xoves, 5 de abril de 2018

Actividades MES DO LIBRO


Durante as vindeiras semanas iremos publicando o desenvolvemento de todas as actividades programadas para este MES DO LIBRO. Polo de agora, para ir facendo boca...

martes, 3 de abril de 2018

Teatro no instituto


O grupo de teatro do instituto TELÓN DE AQUILES, comandado polo profesor Rafael Alonso, volveu dar no cravo cunha representación hilarante : Deus, unha comedia de Woody Allen.