Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

domingo, 28 de xuño de 2026

REVISTA O SON REBULDEIRO 2026

Velaquí tedes o último número da nosa revista do EDLG que recolle textos e traballos creativos en lingua galega do noso alumnado, así como información sobre os proxectos de dinamización lingüística desenvolvidos ao longo do curso nas Moas.

Esperamos que vos guste!!


venres, 19 de xuño de 2026

CONCURSOS DA BIBLIOTECA DO CASTRILLÓN

Como en cursos anteriores, volvemos colaborar coa biblioteca do barrio, a do Castrillón. Este curso organizamos dous concursos, un para 2º de ESO e outro para 3º de ESO.

O primeiro consistiu en escribir unha carta para festexar o día da Candeloria, día en que casan os paxariños. Foi un éxito porque houbo moita participación e moi bo nivel. As mellores cartas elixidas foron as de Alicia (A miña pandeireta), Valeria (O meu raio de luz) e Antón (O Caurel) que amosaron o seu bo facer e unha gran sensibilidade.

O de 3º de ESO consistiu en elixir unha imaxe antiga da Coruña e facer un microrrelato inspirado nela. O resultado tamén foi extaordinario e Lucía Sánchez Chouza, Alma Fuentes Pallas e Lola Noya Silveira resultaron ser elixidas para seren premiadas.

Recordáronnos tamén a boa compañía que pode ser unha lectura agora que os días serán máis longos, e que sempre podemos ter as bibliotecas como lugar de referencia e de descubertas literarias. Convidáronnos a compartir os nosos propósitos de lectura para este verán, que foron desde o compromiso de lermos uns minutos ao día ata lermos un número concreto de obras durante estas semanas.
 
Grazas Alicia, Luísa, Belén e demais compañeiras polo traballo, o esforzo e a colaboración. Encántanos!

Parabéns, rapazada e grazas pola vosa participación! En Moas hai futuro literario!














martes, 16 de xuño de 2026

Teatro: Memorias dun esquelete

O luns 15 de xuño estreouse no instituto Monte das Moas a obra do noso grupo de teatro Telón de Aquiles en colaboración coa nosa banda Dijo4. A obra escollida este curso foi Memorias dun esquelete, de Castelao, unha obra crítica coa Galiza do seu tempo. 
A obra estreouse previamente no IES Rosalía Mera o 6 de maio, e recibiu un premio do Concello da Coruña. A maioría das fotos son desta estrea.


 











luns, 15 de xuño de 2026

Gañadores dos Microrrelatos do Concurso do Día do libro

E finalmente aquí tedes os gañadores do noso Concurso de Microrrelatos en castelán, organizado pola Biblioteca escolar e o Departamento de Lingua Castelá e Literatura. 
Os premios entregáronse na festa de despedida e agasallos do Club de Lectura e dos Colaboradores na última semana de xuño, na que nos acompañou o noso antigo colaborador, Daniel Collazo. Os agasallos deste xa tradicional concurso foron libros especialmete escollidos para cada un. Esperamos que vos gusten! Noraboa!













martes, 9 de xuño de 2026

EXPOSICIÓN DE MÚSICA EN GALEGO

O alumnado de 3º ESO e de 4º ESO C realizou estes bonitos e creativos cartaces sobre música en galego para celebrar o éxito de grupos e artistas que achegan a nosa lingua cos sons musicais máis actuais e que arrasan entre a mocidade.












xoves, 4 de xuño de 2026

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS

No segundo recreo de hoxe tivo lugar a entrega de premios ás alumnas gañadoras dos concursos organizados polas Letras Galegas que nesta edición organizamos conxuntamente o EDLG do centro e a ANPA.

A entrega de premios comezou co visionado do vídeo enviado polo poeta, escultor e mariñeiro Xosé Iglesias quen tan xenerosamente nos obsequiou co regalo dunha escultura dun cachalote que foi o premio que recibiu a gañadora do certame de videopoemas, Nerea Sanjurjo Viña de 1º Bach A.

Debido aos seus compromisos laborais non puido acompañarnos neste acto, mais desde o seu barco, o Primeiro Villar, enviou este vídeo no que parabeniza as persoas participantes e onde alenta o alumnado a seguiren creando poesía na nosa lingua.


Para o 1º premio de microrrelatos a gañadora, Marina Martín Allegue de 2º ESO A recibiu o premio que entrega a ANPA e que consiste nun vale de 100 euros para gastar nunha libraría do barrio.

As restantes gañadoras: 2º e 3º premio na categoría de vídeo poemas, Inés Vale Fernández de 3º ESO B, Rebeca Seco Rivas de 4º ESO C; e o 2º e 3º premio na categoría de microrrelatos, Alicia González Leira de 2º ESO B e Manuela Regueiro Bello de 1º ESO C recibiron unha lámina do pintor Victor Rodríguez con motivos marítimos.

Aquí están as fotografías da entrega de diplomas deseñados pola ANPA e de fondo soa parte do videopoema da gañadora.

Parabéns a todas!! Espero que vos gustaran os agasallos e seguide mantendo viva esa creatividade!!