Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz cun gran mural onde seleccionamos noticias sobre os conflitos do mundo. Fronte a elas, o noso alumnado da ESO decorou as súas mans con consignas de "Basta xa!", "Paremos isto!", "Queremos PAZ!"..., simbolizando o seu rexeitamento a todo tipo de violencia no mundo.

Tamén acompañamos o mural dunha mostra de libros da biblioteca relacionados co tema.











venres, 26 de xaneiro de 2024

DANIEL COLLAZO BARCIA, UN VALIDADOR DA REDE DE ACCESIBIILIDADE

Federación Autismo Galiciaa través do seu servizo de accesibilidade, presenta un vídeo sobre o papel dos/as validadores/as na accesibilidade cognitiva dentro da súa Rede de Accesibilidade. Deste proxecto dan conta nesta noticia na súa web.

O vídeo, "Coñece o noso equipo: as persoas validadoras da rede" describe en primeira persoa a importancia das medidas de accesibilidade cognitiva para as persoas con autismo. E nel participa Daniel Collazo Barcia, alumno de 4º ESO B. Nel narra desde a súa experiencia persoal o importante que é mellorar a accesibilidade cognitiva do noso contorno e por que é tan imprescindíbel que as persoas dentro do espectro sexan actores no cambio. 

Daniel pertence a Asperga desde hai anos, asociación que participou na realización deste vídeo que nos permite coñecer de primeira man a percepción e experiencia das persoas vinculadas con Daniel e a súa evolución persoal a raíz do seu diagnóstico en autismo.

El é un dos colaboradores máis estreitos de Bibliomoas e do noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega e está colaborando no proxecto para actualizar a sinaléctica con pictogramas da biblioteca para que cumpra mellor os requisitos para ser unha biblioteca inclusiva.

xoves, 25 de xaneiro de 2024

Curtas para a diversidade no Norte Cinema Diverso

O xoves 25 tivemos a presentación de NORTE CINEMA DIVERSO. Este ano celebran a segunda EDICIÓN de festival, do 29 de febreiro e o 1 e 2 de marzo no Teatro Colón e a novidade é a achegar o festival aos centros educativos. Proxentáronse catro curtas: Antes da erupción, No binario, Pancarta e Moble de fotos.

Despois da proxección o alumnado participou nunha charla debate cos representantes da Asociación Palestra LGTBI+, organizadora de Norte Cinema Diverso, un membro de Sexpoint Casco e da Fundación 26D.

Fito, Fernando, Paco e Jenni fixeron unha presentación marabillosa e moi necesaria, sempre en positivo e sendo moi claras na exposición do que supón a diversidade de xénero.

Aproveitade para ir á actividade CREANDO DIVERSIDADE (introdución ao cine con móbile) impartido por Domingo D. Docampo no Centro Cívico da Cidade Vella (nortecinemadiverso@gmail.com) ou se non podedes, ás proxeccións dos días 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo (https://xornaldacoruna.gal/2023/12/19/o-ciclo-norte-cinema-diverso-ampliase-a-tres-dias-e-abre-unha-seccion-de-curtametraxes-en-galego/)

Repetiremos seguro!!

Grazas!















domingo, 21 de xaneiro de 2024

CANTIGAS E MURAIS DO REINO MEDIEVAL DA GALIZA

Esta tarde do luns o alumnado de 1º de Bacharelato e de 3º ESO asistiu no salón de actos ao concerto do músico Xoán Curiel. Este concerto enmárcase no proxecto "Cantigas e murais para o coñecemento do Reino Medieval da Galiza" a través do certame "Fondo de proxectos culturais Reino da Galiza 2023" da Deputación da Coruña.

O músico presentou o seu sétimo disco Treides comigo! no que pon música ás cantigas da nosa lírica medieval galego-portuguesa, pezas de hai 800 anos que actualiza de xeito contemporáneo e que son as orixes da nosa lingua galega.

Estivo acompañado por Carlos Freire, un dos percusionistas galegos máis recoñecidos cunha moi ampla formación en percusión galega, árabe, latina e doutros países, ademais de formarse como batería no ámbito do jazz e neste disco de Curiel participa con instrumentos como o bendhir, a derbouka ou o bombo galego. 

No proxecto tamén participa a pintora e muralista Raquel Xermade que deseñou este fermoso mural sobre a figura da soldadeira medieval María Balteira para decorar unha das portas da cafetería.

Mural de Raquel Xermade

Aquí vos deixamos un vídeo resumo do fantástico concerto no que ademais tocaron e cantaron varias alumnas e alumnos do noso centro e que tanto puidemos desfrutar!

xoves, 18 de xaneiro de 2024

ENTREGA DE PREMIOS NA BIBLIOTECA

No recreo de hoxe entregáronse na biblioteca os premios ás persoas gañadoras dos certames organizados no primeiro trimestre polo Equipò de Dinamización da Lingua Galega do centro e Bibliomoas: o concurso de Microrrelatos ilustrados de terror do Samaín e mais o de Postais de Nadal en galego.

Parabéns a todas as persoas participantes e sobre todo ás gañadoras!!


Irene López Sanmartín, gañadora do Concurso de Microrrelatos de Terror







Gañadores do Concurso de Postais en galego






martes, 16 de xaneiro de 2024

POSTAIS GAÑADORAS DO CERTAME DE POSTAIS DE NADAL

Aquí tedes os fermosos deseños das sete postais gañadoras no certame de postais de Nadal organizado conxuntamento por Bibliomoas e o EDLG.


Autora: Claudia Castanedo García 3º ESO A

Autor: David López Sánchez 3º ESO C

Autor: David López Sánchez 3º ESO C

Autora: Celia Rey Mirás 3º ESO A

Autor: Dimas Cardóniga Cachadiña 3º ESO B

Autor: Dimas Cardóniga Cachadiña 3º ESO
 
Autora: Sabela Ares Dopico 3º ESO A

Autora: Cloe Ramos Incio 3º ESO A

Autor: Iago López García 3º ESO B


Autor: Iago López García 3º ESO


AQUÍ TAMÉN SE FALA NO MONTE DAS MOAS

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Monte das Moas sumámonos á exitosa campaña "Aquí tamén se fala" inaugurada o curso pasado no IES Rafael Dieste da Coruña e que nesta edición sumou xa a implicación de máis de 160 centros educativos de todo o país. 

Serán os estudantes que nela participan os dinamizadores do emprego da lingua galega nos seus barrios e vilas xa que distribuirán máis de 15000 cartaces nas tendas e resto do comercio local. 

E agora tócalle ao alumnado de Monte das Moas traballar polo uso da linguas nos espazos comerciais dos barrios dos Castros e do Castrillón. Ao mesmo tempo que se conciencian de visibilizar a presenza da lingua galega na nosa cidade, revertendo os estereotipos, poden converterse en axentes activos e pouco a pouco as persoas máis valentes poden até dar máis pasos falando cada vez máis galego.

Nesta nova de La Voz de Galicia dáse conta do comezo da campaña que sumou nestes últimos días a participación do actor Viggo Mortensen cun vídeo que xa acadou 160000 visualizacións e no que defende o valor de todos os idiomas e onde salienta que "as linguas son o tesouro dos pobos, onde estea..., tamén falo galego".

Neste vídeo podedes ver os obxectivos e o desenvolvemento inicial da campaña. Darémosvos contas dos nosos avances e logros a través das redes sociais e deste blog.

RELATO GAÑADOR DO CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR DO SAMAÍN

A alumna Irene López Sanmartín de 3º ESO B resultou gañadora do certame de microrrelatos de terror do Samaín con este arrepiante relato ilustrado.



luns, 15 de xaneiro de 2024

SESIÓNS DE CURTAS DE CINEMA DIVERSO

Norte Cinema Diverso, o certame de cinema LGTBI+ da nosa cidade celebrará a segunda sesión de festival, do 29 de Febreiro e o 1 e 2 de Marzo no Teatro Colón.

Este ano, unha das novidades que teñen é a celebración do NCD Educa, durante os meses de Xaneiro e Febreiro.

A idea é achegar o festival aos centros educativos. A proposta que realizan, é a de proxectar dúas ou tres curtas, cunha duración de entre 30 a 40 minutos en total. Estes serán sobre o Bullying, menores LGTBI, familias LGTBI, novas realidades…

Despois da proxección abrirase unha charla debate onde acudirán dous representantes da Asociación Palestra LGTBI+, organizadora de NCD e un membro dunha das asociacións LGTBI+ da Coruña.

A datas nas que acudirán ao noso centro serán o xoves 25 de xaneiro. A primeira sesión para 4º ESO C e D terá lugar no salón de actos entre as 10.30 e as 11.20 e a segunda para 4º ESO A e B entre as 12.30 e as 13:20.

venres, 5 de xaneiro de 2024

ALUMNADO DE 4º ESO NO PROGRAMA SABER Y GANAR


Dúas alumnas e un alumno de 4º da ESO representaron o noso instituto no programa Saber y Ganar da 2 de TVE. 

Carmela Taboada, Renata Pía Rial e Adrián López Bocixa acudiron ao programa acompañados do profesor de Historia, Juan Colao e acadaron unhas puntuacións moi meritorias, tal e como podedes ver nos dous programas nos que participaron emitidos durante as vacacións do Nadal. 



A prensa local recolle novas sobre este asunto e podedes lelas nestas ligazóns: no xornal La Opinión despois do primeiro programa e nestoutra nova do 5 de xaneiro logo de rematar a súa participación coa maior puntuación de todos os institutos, o que os levou a acadar a cifra de 4620 euros. Tedes tamén as novas recollidas no xornal La Voz de Galicia.

Tamén o xornal El Español recolle a crónica da súa participación nesta noticia, onde dan conta da súa fazaña ao completar a proba do Dobre Gran Minuto en tempo cun pleno de 15 respostas correctas ás 15 preguntas formuladas.


Ademais acudiron á Cadea Ser foron entrevistados xunto co seu profesor e non descartan continuar a súa participación en máis concursos televisivos como Reacción en Cadena. Podedes escoitar a entrevista neste enlace. 

Parabéns para esta rapazada que tan ben representou a Monte das Moas!