A Federación Autismo Galicia, a través do seu servizo de accesibilidade, presenta un vídeo sobre o papel dos/as validadores/as na accesibilidade cognitiva dentro da súa Rede de Accesibilidade. Deste proxecto dan conta nesta noticia na súa web.
O vídeo, "Coñece o noso equipo: as persoas validadoras da rede" describe en primeira persoa a importancia das medidas de accesibilidade cognitiva para as persoas con autismo. E nel participa Daniel Collazo Barcia, alumno de 4º ESO B. Nel narra desde a súa experiencia persoal o importante que é mellorar a accesibilidade cognitiva do noso contorno e por que é tan imprescindíbel que as persoas dentro do espectro sexan actores no cambio.
Daniel pertence a Asperga desde hai anos, asociación que participou na realización deste vídeo que nos permite coñecer de primeira man a percepción e experiencia das persoas vinculadas con Daniel e a súa evolución persoal a raíz do seu diagnóstico en autismo.
El é un dos colaboradores máis estreitos de Bibliomoas e do noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega e está colaborando no proxecto para actualizar a sinaléctica con pictogramas da biblioteca para que cumpra mellor os requisitos para ser unha biblioteca inclusiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario