Dúas alumnas e un alumno de 4º da ESO representaron o noso instituto no programa Saber y Ganar da 2 de TVE.
Carmela Taboada, Renata Pía Rial e Adrián López Bocixa acudiron ao programa acompañados do profesor de Historia, Juan Colao e acadaron unhas puntuacións moi meritorias, tal e como podedes ver nos dous programas nos que participaron emitidos durante as vacacións do Nadal.
A prensa local recolle novas sobre este asunto e podedes lelas nestas ligazóns: no xornal La Opinión despois do primeiro programa e nestoutra nova do 5 de xaneiro logo de rematar a súa participación coa maior puntuación de todos os institutos, o que os levou a acadar a cifra de 4620 euros. Tedes tamén as novas recollidas no xornal La Voz de Galicia.
Tamén o xornal El Español recolle a crónica da súa participación nesta noticia, onde dan conta da súa fazaña ao completar a proba do Dobre Gran Minuto en tempo cun pleno de 15 respostas correctas ás 15 preguntas formuladas.
Parabéns para esta rapazada que tan ben representou a Monte das Moas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario