O xoves 25 tivemos a presentación de NORTE CINEMA DIVERSO. Este ano celebran a segunda EDICIÓN de festival, do 29 de febreiro e o 1 e 2 de marzo no Teatro Colón e a novidade é a achegar o festival aos centros educativos. Proxentáronse catro curtas: Antes da erupción, No binario, Pancarta e Moble de fotos.
Despois da proxección o alumnado participou nunha charla debate cos representantes da Asociación Palestra LGTBI+, organizadora de Norte Cinema Diverso, un membro de Sexpoint Casco e da Fundación 26D.
Fito, Fernando, Paco e Jenni fixeron unha presentación marabillosa e moi necesaria, sempre en positivo e sendo moi claras na exposición do que supón a diversidade de xénero.
Aproveitade para ir á actividade CREANDO DIVERSIDADE (introdución ao cine con móbile) impartido por Domingo D. Docampo no Centro Cívico da Cidade Vella (nortecinemadiverso@gmail.com) ou se non podedes, ás proxeccións dos días 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo (https://xornaldacoruna.gal/
Repetiremos seguro!!
Grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario