Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER: Coruñesas Ilustres


 Un ano máis a comunidade educativa feminina  do IES Monte das Moas únese para homenaxear a mulleres salientables en diversos eidos ao longo da historia.  Nesta ocasión escollemos mulleres nadas na provincia da Coruña con moi diversas actividades profesionais e sociais.

Debido á problemática da pandemia publicamos o conxunto de biografías, fotos e outros retallos en formato virtual e no corredor principal expuxemos uns pequenos cartaces coa información básica sobre as mulleres escollidas xunto cun código QR que nos leva a todas as biografías.


   O profesorado que queira traballar a exposición deberá facelo online seguindo esta ligazón  (AQUÍ) ou ben a través de calquera dos códigos QR dos cartaces.

 

 

 

venres, 6 de marzo de 2020

Día da Muller: Homenaxe ás Nobel da Paz

Co mesmo sentimento de todos os anos, mulleres da comunidade educativa do IES Monte das Moas unímonos para homenaxear ás mulleres protagonistas do Nobel da Paz, outro traballo máis promovido pola Biblioteca do noso centro para INFORMAR e SENSIBILIZAR buscando sempre aportar o noso particular grao de area para crear un mundo máis pacífico e solidario.
A exposición estará aberta durante todo o mes de marzo e con ela achegamos unha pequena guía de traballo para que o profesorado que así o queira poida aproveitala.


xoves, 5 de marzo de 2020

Día da Muller: "La otra mitad"

Iniciando xa as nosas actividades enmarcadas no 8 de marzo, presentamos un marabilloso viedeoclip de Pilu Velver... para abrir boca!!!

 

domingo, 31 de marzo de 2019

Día da Muller: As Imaxes

Publicamos aquí unha pequena presentación do que foi a nosa homenaxe deste ano a mulleres exploradoras e viaxeiras ao longo da historia .
O noso agradecimento a todas as mulleres da nosa comunidade escolar que participaron neste proxecto.

mércores, 6 de marzo de 2019

Día da Muller: Exploradoras e Viaxeiras

Novamente mulleres da comunidade escolar do IES Monte das Moas rinden unha sentida homenaxe a loitadoras que aportaron coas súas viaxes ou exploracións unha nova mirada ao mundo.

Esta exposición poderá ser visitada ata final de mes a partires de mañá,7 de marzo, na nova zona de exhibicións habilitada no corredor principal que dá acceso á biblioteca.

Como é habitual deixamos aquí tamén unha folla de traballo para todo o profesorado que queira baixar co seu alumnado a visitala.

Comprobaredes que xunto a exposición colocamos un último póster dedicado a unha muller extraordinaria: Celia Rivas Casal, a primeira camioneira de España e avoa dunha das alumnas do instituto.

Póster-homenaxe a Celia Rivas Casal:

martes, 5 de marzo de 2019

Táboa periódica das MULLERES GALEGAS

Interesantísimo traballo divulgativo sobre as mulleres máis senlleiras do noso país. Póster e xogo elaborado polo IES A Basella de Vilanova de Arousa.

luns, 5 de marzo de 2018

Día da Muller: Mulleres Inventoras

Como xa ven sendo habitual , no IES Monte das Moas reunímonos mulleres da comunidade escolar (profesoras, alumnas e persoal non docente) para realizar a nosa máis sentida homenaxe a mulleres de moita valía ao longo da historia, nesta ocasión a MULLERES INVENTORAS.
Velaqui a exposición que podedes contemplar na entrada do instituto:


E aquí amosamos as ACTIVIDADES para traballar coa exposición.
Tamén deixamos un interesante vídeo relacionado coa nosa exposición
E ti, serías quen de nomear algunha muller inventora?

mércores, 1 de marzo de 2017

Día da Muller

Un ano máis, mulleres da comunidade educativa do IES Monte das Moas aportan o seu pequeno gran de area para facer visibles a extraordinarias persoas no eido da composición musical, mulleres que non o tiveron nada fácil e que, na maioría dos casos, foros silenciadas ou ben esquecidas por ter vivido nun mundo de homes.

Aí vai a nosa homenaxe que poderá ser visitada no corredor principal do noso centro  ata final de mes.
Achegamos tamén unha guía de lectura da exposición para que todo o profesorado que queira poda traballar as interesantes biografías co seu alumnado.

domingo, 6 de marzo de 2016

Día da Muller

8 de marzo

Como xa vai sendo tradicional no noso centro, de novo profesoras e alumnas collémonos da man para protagonizar unha sentida homenaxe a mulleres punteiras da nosa historia. 
Este ano quixemos representar a escritoras que supuxeron grandes cambios sociais ou literarios grazas aos seus escritos. 

Para gozar da exposición, pásate polo corredor principal do instituto, pola biblioteca ou ben “clica” na foto de embaixo.

Guía de Lectura