Biblioteca do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

domingo, 24 de novembro de 2019

Semana da ciencia en galego

Na semana da ciencia en galego homenaxeamos á oceanógrafa galega Ángeles Alvariño cunha pequena exposición e unha folla de traballo sobre ela.
Deixámosvos aquí unha reportaxe sobre a exposición e o traballo realizado.

mércores, 20 de novembro de 2019

Actuacións contra o maltrato sobre as mulleres

Pequeno vídeo no que relatamos as actuacións no noso centro para chamar unha vez máis a atención sobre este terrible problema na nosa sociedade actual.
Achegamos tamén o pequeno relato do actor Antonio Banderas como embaixador de boa vontade da ONU sobre este tema.

domingo, 17 de novembro de 2019

Contos de medo de Samaín

Por fin temos montado un pequeno vídeo coas lecturas dos contos de medo de Samaín. Grandísima calidade para estas pequenas escritoras.
Tedes tamén á vosa disposición os contos premiados.
Para gozar.


luns, 4 de novembro de 2019

Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía

A escritora e profesora galega, Pilar Pallarés, ven de ser merecidamente galardoada co Premio Nacional de Poesía pola súa obra Tempo Fósil.
 Concedéronlle o premio "por trasmitir con profunda sabiduría e emoción, a un tempo lúcida e desgarrada, a experiencia da perda e da destrución do vivido, do que nos configura, desde unha conciencia da paisaxe como un corpo vivo".
 A escritora ten publicados os libros de poemas: Livro das devoracions (1996), Poemas (2000), Leopardo son (2011), polo que recibiu o  Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; e Tempo fósil (2018), merecedor do Premio da Crítica 2018.