Biblioteca do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

luns, 24 de xuño de 2019

"Somos Galegos"

O pasado xoves fíxose entrga dos premios ás mellores fotos do concurso fotográfico da biblioteca: "Somos Galegos".  Trala 1ª votación popular na que houbo unha altísima participación, quedaron 5 fotos finalistas entre as  que un xurado experto escolleu as gañadoras:
1º premio:
"COAS MANS" de Martina Gómez de 4º A

Reciben os seus respectivos premios Martina, á dereita e Irene.
2º Premio:
"GALIZA, O PAÍS DOS MIL RÍOS" de Irene Quintela Valiño de 2º D ESO.

3º premio:
"AS NUBES, HABELAS HAINAS"de Águeda Millán de 3º de ESO B

Águeda recibe o seu agasallo,

martes, 18 de xuño de 2019

Recomendacións lectoras para este verán

Amosamos aquí unha selección de lecturas en banda deseñada para aprender, gozar e concienciar. Achegádevos á biblioteca para coller algunha das nosas recomendacións ou calquera libro de entre a morea que vos podemos ofrecer.
FELICES LECTURAS!!!

martes, 11 de xuño de 2019

Mural do 30 aniversario.

No día de onte celebrouse unha pequena festa no noso centro: a inauguración dun MURAL para celebrar o 30º aniversario do instituto. a obra foi realizada polo deseñador gráfico Julián Díaz, que ademais é  ex-alumno do Monte das Moas.
Xunta as palabras da directora, Ana Romero e do propio deseñador, houbo un concerto ofrecido por alumnado da materia de música e algúns dos integrantes do coro do instituto. 
No periódico "La Opinión"  deron unha cumprida reportaxe do evento cunha comparativa entre os dos murais, o do pintor Abelenda de hai trinta anos e o actual.

.