Serán os estudantes que nela participan os dinamizadores do emprego da lingua galega nos seus barrios e vilas xa que distribuirán máis de 15000 cartaces nas tendas e resto do comercio local.
E agora tócalle ao alumnado de Monte das Moas traballar polo uso da linguas nos espazos comerciais dos barrios dos Castros e do Castrillón. Ao mesmo tempo que se conciencian de visibilizar a presenza da lingua galega na nosa cidade, revertendo os estereotipos, poden converterse en axentes activos e pouco a pouco as persoas máis valentes poden até dar máis pasos falando cada vez máis galego.
Nesta nova de La Voz de Galicia dáse conta do comezo da campaña que sumou nestes últimos días a participación do actor Viggo Mortensen cun vídeo que xa acadou 160000 visualizacións e no que defende o valor de todos os idiomas e onde salienta que "as linguas son o tesouro dos pobos, onde estea..., tamén falo galego".
Neste vídeo podedes ver os obxectivos e o desenvolvemento inicial da campaña. Darémosvos contas dos nosos avances e logros a través das redes sociais e deste blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario