XELA ARIAS. Letras Galegas 2021
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira. En 2019 a plataforma de crítica literaria A Sega dedicoulle o Día das Galegas nas Letras.
Tras ser proposta en varias ocasións anteriores, en 2020 a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2021.
(Fonte: Wikipedia en galego)
RECURSOS
- Documental sobre Xela Arias (e Luísa Villata)
- Homenaxe a Xela no Día das Galegas nas Letras: https://www.youtube.com/watch?
v=VJoJX9b6AEc - Xela Arias e a palabra: https://www.youtube.com/watch?
v=6hTi4-kCN40 - Xela Arias no Día da Poesía: https://www.youtube.com/watch?
v=H4Ec2N-9xl0 - O equilibrio dos extremos, poetas en conversa íntima con Xela Arias: https://www.youtube.com/watch?
v=gqBEOJzqoNg - Letras Galegas 2021: Xela Arias: https://www.youtube.com/watch?
v=dlO783R3Vyc - Recomendación de Poesía reunida de Xela Arias da Libraría Couceiro de Santiago: https://www.youtube.com/watch?
v=t-3H5ZqivmY - Entrevista a Xela Arias: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2020/12/24/xela-arias-entrevistada-manuel-rivas-onde-mina-xeracion/0003_202012G24P39991.htm
- Poemas:
- Videopoemas:
- Poemas musicados:
Ningún comentario:
Publicar un comentario