Escolares galegos xúntanse este sábado, 22 de marzo, en Outeiro de Rei para recitaren poemas de Rosalía de Castro e Manuel María nunha nova edición, a IX, do Concurso de Recitado “Rosalía sempre viva” que organiza a Casa-Museo Manuel María.
O certame congrega alumnado de
ensino non universitario galego, desde primeiro de Primaria até segundo
de Bacharelato e ten por obxectivo potenciar a expresión oral e a
creatividade dos participantes a través do coñecemento e o recitado da
poesía en galego de Rosalía de Castro e da ampla obra poética de Manuel
María. A presente edición xa celebrou unha fase previa nos distintos
centros educativos que participan.
As gañadoras na nosa fase previa e que mañá representarán o IES Monte das Moas no certame son as seguintes:
Alejandra Gallego Pérez de 4º ESO B
Adriana Iannone Ferreira de 1º ESO C
Marina Martín Allegue de 1º ESO A
A xornada deste sábado estrutúrase
en quendas de mañá e de tarde, dado o número de participantes
finalistas. Durante a mañá recitarán as categorías 1ª e 2ª,
correspondentes ao estudantado de primaria, e durante a tarde a 3ª
categoría, que se corresponde con alumnado de secundaria, bacharelato e
ciclos formativos. As nosas alumas comezarán o recitado arredor das 16:25 da tarde.
Moita sorte para elas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario