Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

luns, 9 de xuño de 2025

Haikiños ilustrados. Proxecto "Conversamos"

Xa está lista a exposición dos "Haikiños ilustrados" sobre o tema da convivencia, de aí o lema "Con versamos", pois os alumnos de 3º de ESO e 1º de BAC experimentaron con esta composición poética derivada do haiku xaponés, co obxectivo de crear a súa propia antoloxía pictórica-poética, froito desta exposición.

Conversamos foi un proxecto cuxa finalidad foi a de poteciar a creatividade e o espíritu crítico e reflexivo do alumnado en torno ao tema da convivencia e a sociedade na que lles tocou vivir, a través de unha perfecta simbiose entre a poesía e a ilustración.





Xunto coa exposición, ademáis de premiar o mellor traballo de cada curso, elaboráronse libretas e marcapáxinas conmemorativos, de maneira que cada alumno poderá quedar coa súa propia creación como recordo.






Este proxecto quedou recompilado nunha modesta edición que quedará na nosa biblioteca. O proxecto levouse a cabo de man da profesora María Jesús Martínez Míguez, en colaboración co Departamento de Lingua castelá, o equipo da Biblioteca escolar e o Departamento de Orientación a través do proxecto PIE: mellora da convivencia. Velaquí a beleza da encuadernación final:



Ningún comentario:

Publicar un comentario