No mes de novembro, "Mes da Ciencia en Galego", montouse unha exposición a través da cal o alumnado pode coñecer elementos naturais frecuentes na nosa comunidade. Acompáñase de carteis informativos con algunhas curiosidades, lendas e libros de ciencias en galego que se poden atopar na nosa biblioteca. Propúxose un concurso baixo o título "Cada ovella coa súa parella", para espertar o espírito indagador do alumnado.
Na última semana de novembro, o alumnado de 4º de PDC explicará aos seus compañeir@s doutros grupos a relación entre os diferentes compoñentes da exposición.
.jpg)
.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario