O grupo de teatro do instituto asistiu o
sábado 27 de febreiro aos Minicampus dos Premios Buero Vallejo organizados pola
Fundación Coca-Cola nas instalacións do Ágora, A Coruña. Así puideron
disfrutar de leccións prácticas de coñecidos artistas nas especialidades
de Voz, por Paloma de Pablo, Interpretación, por Tito Asorey, ou Improvisación,
por Carles Castillo. Unha experiencia inesquecible onde contactaron con membros
de diferentes grupos teatrais de toda Galicia. Noraboa á Fundación Coca-Cola e
grazas.
Os rapaces asistiron co profesor Rafael Alonso, responsable do grupo de teatro no IES Monte das Moas
Ningún comentario:
Publicar un comentario