Nunha edición máis , e xa van catro, o grupo de Clubs de Lectura de institutos de A Coruña, DADO, celebramos a gala anual no Ágora na que se presentan microrrelatos elaborados polo noso alumnado máis, como novidade, tamén "booktrailers" nas distintas categorías A (1º,2º e 3º de ESO) e B (4º de ESO, 1º e 2º de BAC)
Este ano o noso alumnado foi galardoado con diferentes premios:
Na categoría A, Sara Sanz Fonta de 3º de ESO acadou o primeiro premio co seu microrrelato titulado O MEU INIMIGO. Podedes lelo xunto cos outros relatos finalistas AQUÍ.
María Tarrío Rodríguez de 4º de ESO B, resultou finalista na categoría B co seu relato MIRÁDEME que podedes ler AQUÍ.
Sara, á dereita, recibindo os agasallos de mans dunha compañeira. |
Por último, salientar que o club de lectura de inglés tamén foi galardoado co primeiro premio de "booktrailers" ou vídeos de promoción da lectura co vídeo MILK & HONEY , interpretación dalgúns dos poemas da autora canadiense Rupi Kaur e finalista cun pequeno poema orixinal elaborado trala lectura de "The Little Prince".
O club de lectura de inglés ao completo exhibindo os seus diplomas |
Aquí vos deixamos os traballos. Parabéns a todos polo esforzo de manter viva a lectura!!!!.
E, por último un resumo da gala, vídeo cedido pola biblioteca do Ágora.
Sodes toddas e todos uns artistas!!!Parabéns
ResponderEliminarParabéns desde a Biblioteca Ágora a todos os participantes no concuso, e moi especialmente aos autores dos microrrelatos e booktrailers premiados. E parabéns aos profes polo voso traballo!!
ResponderEliminar