Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

mércores, 6 de maio de 2026

Última sesión do Club de lectura de adultos

No mes de maio tivemos a última sesión do Club de lectura de adultos. Limos o poemario de María Álvarez Landesa, Os pozos elegantes das clavículasun poemario de fonda emoción no que a autora transforma o dó pola perda da súa nai nunha escrita delicada, íntima e chea de memoria. 
Tivemos a sorte de estar acompañados na sesión da propia autora, vía video chamada de WhatsApp, e intercambiar as nosas sensacións e experiencias neste tema tan delicado que a todos nos remove por dentro. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario