No vestíbulo de entrada xa temos dispoñible a exposición sobre a xornalista e narradora Begoña Caamaño, cuxas láminas foron deseñadas polo IES Castelao de Vigo e que a SXPL enviou para todos os centros educativos galegos.
Canda ela expoñemos unha selección bibliográfica das súas obras que fan parte do fondo bibliográfico da nosa biblioteca e ás que vos convidamos a achegarvos para desfrutar da súa narrativa, sempre tan feminista e comprometida.
Tamén forman parte da exposición os marcapáxinas con frases da obra xornalística ou literaria da autora viguesa que deseñou o alumnado de 4º PDC, así como unha caricatura dela realizada por unha alumna de 1º ESO D.
![]() |
| Caricatura realizada por Manuela López Vázquez (1º ESO D) |










Ningún comentario:
Publicar un comentario