Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

domingo, 17 de maio de 2026

Onda Caamaño de A run run Xogos e Enredos, homenaxe a Begoña Caamaño

O alumnado de 1º ESO puido desfrutar hoxe dunha representación teatral moi interactiva no salón de actos do instituto. Tratouse da obra Onda Caamaño da compañia A run run Xogos e Enredos, que é unha proposta escénica que combina teatro e radio para render homenaxe á figura de Begoña Caamaño, unha voz fundamental da cultura galega contemporánea.

A experiencia escénica convértese nun espazo compartido de descubrimento e emoción nunha proposta que constrúe a súa narrativa a partir dun espazo radiofónico ficticio, estreitamente vinculado á traxectoria de Caamaño como xornalista. A través deste formato, reconstrúense lembranzas, ideas e fragmentos da súa vida e pensamento, creando un diálogo co pasado que conecta co público adolescente, que mantivo a atención e o interese durante toda a representación.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario