O alumnado de 1º Bach elaborou estes memes pola igualdade para conmemorar o 8M
luns, 9 de marzo de 2026
8M. Día Internacional da Muller no Moas
Velaquí tedes o resultado da nosa tradicional actividade sobre mulleres referentes no mundo da cultura. Este ano adicámolo ás "Mulleres activistas" en tódolos ámbitos do saber, un tema que nos pareceu importante hoxe en día, no noso compromiso co presente e co futuro desta sociedade.
A exposición divulgouse de dúas formas, en cartaces impresos na entrada e a través da televisión do centro en formato video, como podedes ver aquí.
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Este curso, para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer diversas facetas de cinco mulleres destacadas na ciencia.
- Eugenia Pereira, química e farmaceútica galega de principios de século XX, premio extraordinario e doutora en ambas disciplinas.
- Vera Martha Winitzky, matemática arxentina que descubriu a “familia dos números metálicos” entre os que se atopa o número aúreo.
- Jane Goodall, recoñecida primatóloga recientemente falecida.
- Elena Armada, doutora en Enxeñería Industrial, que desenvolveu o primeiro exoesqueleto biónico do mundo para nenos e nenas con parálise cerebral e enfermidades neuromusculares.
- Amparo Alonso catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia artificial da Universidade de A Coruña (UDC).
Nos paneis da exposición ubicada na entrada do centro, diferentes carteis achegaban información relevante sobre o traballo destas científicas, dos que o alumnado puido extraer datos visitando a exposición. Escaneando un QR situado no interior das imaxes de cada unha das mulleres daba a posibilidade de coñecer dunha maneira máis detallada a contribución á ciencia de todas elas.
![]() |
domingo, 8 de marzo de 2026
PARTICIPACIÓN NO PARLAMENTO XOVE
mércores, 4 de marzo de 2026
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DE FRASEOLOXÍA
Durante a semana de Rosalía estiveron expostas as fotografías do alumnado da ESO e de 1º de Bach para o Concurso de Fraseoloxía. En breve coñeceremos os nomes das persoas gañadoras que recibirán o seu premio nun acto de entrega na biblioteca.
martes, 3 de marzo de 2026
8M. Exposición de títulos na Biblioteca
TEATRO GRECOLATINO EN LUGO
O alumnado de Latín de 4º ESO e 1º e 2º Bach viaxou hoxe a Lugo. Ademais de pasear pola muralla romana e polas rúas lucenses nun espléndido día de sol puideron desfrutar destas novas xornadas de Teatro Clásico Grecolatino organizado pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos.
No audirorio Gustavo Freire asistiron á representación teatral de dúas pezas clásicas: a traxedia Medea de Eurípides e a comedia Cásina de Plauto que levou a escena o magnífico grupo de teatro escolar Noite Bohemia.
Á saída do teatro algunhas das actrices entrevistáronos para saber da súa opinión sobre a obra e o papel do elenco principal.





















.jpg)















.jpg)
.jpg)









