Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

domingo, 8 de marzo de 2026

PARTICIPACIÓN NO PARLAMENTO XOVE

O venres 6 e o sábado 7 de marzo asistimos á fase clasificatoria do Parlamento Xove 2026. Levamos un equipo formado por Antía, Claudia, Lucía e Laura de 1º de bacharelato. Era a primeira vez que acudiamos a este debate co tema A dixitalización mellora realmente a calidade da aprendizaxe?. Aínda que a preparación non foi óptima o resultado foi moi bo e sobre toda unha experiencia marabillosa.

A convivencia cos outros 23 grupos chegados de diferentes puntos de Galicia foi moi enriquecedera e o trato na residencia do Carballiño moi bo.

O Parlamento Xove é unha oportunidade para aprender a debater con argumentos a favor ou en contra do tema proposto e ensina a ter unha resposta rápida e eficiente pois sabes un par de minutos antes de comezar o debate cal é a postura que hai que defender.

As nosas alumnas recibiron os parabéns dos diferentes membros do xurada tanto pola educación, o saber estar, o temple, a rapidez nas respostas, o respecto polo contrincante e tamén pola preparación do tema.
Grazas, raparigas pola vosa valentía, tempo e saber estar.

Para o próximo curso máis!




















Ningún comentario:

Publicar un comentario