Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

martes, 24 de marzo de 2026

CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS: MICRORRELATOS E VIDEOPOEMAS DO MAR



En colaboración coa ANPA do IES Monte das Moas, o EDLG convoca este concurso para conmemorar as Letras Galegas 2026. 

Nesta ocasión, e grazas á colaboración do poeta Xosé Iglesias, convocamos un certame de microrrelatos ilustrados e videopoemas coa temática do mar, que tan presente está na nosa cidade, non só como parte da paisaxe atlántica, senón tamén como un importante sector produtivo no noso barrio, tan pertiño do porto de Oza.

Esperamos que se animen a participar coas súas creativas achegas literarias das que leva anos dando boa mostra a rapazada de Moas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario