Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

luns, 16 de marzo de 2026

Café con letras 3

 Outra das lecturas que abordamos no noso club de lectura Café con letras, integrado, como xa sabedes por un numeroso grupo de docentes de distintas materias, e incluso algún xa xubilado, foi a novela O clan das barbies, de Antía Yáñez, unha provocadora distopía que contén unha explosiva historia de vinganza e sororidade.

Tras a elección da novela por parte da coordinadora, quixo a casualidade  que a autora, que tamén é profesora, viñese facer unha substitución ao noso centro, feito que foi aproveitado para facer a posta en común da lectura coa presenza de Antía. A autora foi do máis amable e xeneroso escoitando as nosas opinións e respondendo as nosas dúbidas e curiosidades sobre as cuestións máis variopintas, dende a xénese e desenvolvemento da novela, que, por certo, non deixou indiferente a ninguén, ata os pormenores do labor editorial.  Foi unha charla moi amena e entretida, ademais de moi instructiva. Grazas, Antía!  











Ningún comentario:

Publicar un comentario