Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

xoves, 18 de decembro de 2025

VISITA Á CASA DE ROSALÍA E AO BELÉN DE VALGA

O EDLG do centro, en colaboración do Departamento de Lingua Galega e de Relixión organizaron unha visita á Casa de Rosalía e ao Belén de Valga para o alumnado de 1º ESO.

Asistiron a unha visita guiada na Casa Museo de Rosalía e posteriormente en dúas quendas participaron nun escape room con xogos de pistas sobre a vida e obra da poeta.

Ao final da mañá desprazáronse ata o concello veciño de Valga onde puideron marabillarse co Belén Artesanal en Movemento, o maior deste tipo a nivel autonómico e declarado de Interese Turístico de Galicia.

Puideron ver as novas figuras e escenas que representan a personaxes populares e de relevancia social e política ou acontecementos que marcaron a actualidade a nivel local, nacional e internacional durante o ano 2025.

Ningún comentario:

Publicar un comentario