Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

xoves, 27 de outubro de 2022

VISITA DO CREADOR DE VIDEOXOGOS EN GALEGO CARLOS DOURADO

Hoxe visitou o noso centro Carlos Dourado de Qaramelo videoxogos. Conversa moi interesante sobre un tema que, estamos seguras, vos interesa moito. Contounos a formación que fixo para poder dedicarse a isto e tamén como se elasbora un videoxogo. Canto traballo! E nós pensando que saía da nada! Hai que buscar información, deseñar o contido, debuxar os personaxes e os espazos, programar, facer as comprobacións de funcionamento e, se todo vai ben, publicalo.

Tamén nos contou por que se decidiu a crear videoxogos en galego. Parécenos unha decisión fantástica.

Nesta ligazón podedes acceder á súa web e ver como son os seus proxectos de videoxogos, xa sabedes que algúns están sen rematar.

E aquí vos deixamos unha mostra de dous deles, Capitan Breomán e Promoción de Terbutalina.

Xa sabedes que na play store podedes atopar as súas creacións.

Dende aquí animámosvos a que probedes e difundades o seu traballo. É un rapaz moi novo, 23 anos, que está comezando e que precisa do noso apoio!

Esta actividade, organizada polo EDLG, foi posible grazas á colaboración do SNL do Concello da Coruña que ten esta charla como unha das que oferta a centros educativos para visibilizar traballos culturais feitos en galego.

Deixámosvos tamén unhas fotos de diferentes momentos da conversa. 











Ningún comentario:

Publicar un comentario